31 de out. de 2014

A PINTORA CAMBADESA EMERITA MÉNDEZ EXPÓN NO BAR LUPE DE CAMBADOS

HOXE INAUGURASE A EXPOSICIÓN A PARTIR DAS 21 HORAS.
Emérita Méndez  é unha das pintoras cambadesas con mais calidade artística,  ten unha pintura moi característica ao ver
un cadro de Emérita un xa o  identifica coa autora. Hoxe Emerita inagura a súa exposición no Bar Lupe de Cambados, sito na rúa Isabel II  a partir das 21 horas xa
poderemos admirar os seus preciosos cadros.
Emérita Mendez nace en Castro de Rei (Lugo) e reside en Cambados , dende moi nena, algúns xa a coñecemos dende a época do Instituto Ramón Cabanillas onde despertou o seu amor pola pintura.
Emérita  é Licenciada  en Belas Artes
(Deseño e Audiovisuais) e en Xeografía e Historia (Historia da Arte Moderna e Contemporánea), pola Universidade de Vigo.
Conta cunha dilatada carreira como pintora e entre outras destacan as súas exposicións 
-1990: Sala do Concello de Cambados (Pontevedra).
-1991: ‘Poética do Cotián’, Teatro Provincial (Pontevedra).
-1995: Obradoiro de Gravado da Facultade de Belas Artes, Teatro Provincial (Pontevedra), S.T. Técnica Mixta ‘Medidas Variables’, Facultade de Belas Artes (Pontevedra), Primeira Promoción, Facultade de Belas Artes (Pontevedra).
-1996: Concurso de Pintura ‘El Corte Inglés’, Vigo (Pontevedra).
-1997: Concurso ‘Encontro coa Música’, Círculo das Artes (Lugo) e ’72 Ilustres Carpetas’, Sala Ádega Durán, Cambados (Pontevedra).
-1998: ‘Dúas mans de pintura’, Expo-Salnés, Cambados (Pontevedra).
-1999: Galería Horten Reingersburg, Ractisvona (Alemaña),
‘Mecánica Popular’ (Santiago de Compostela), ‘Médicos sen Fronteiras’, Sala do Concello, Cambados (Pontevedra), ‘Pontevedra con Centroamérica’, Auditorio Teatro Principal (Pontevedra) e ‘Pontevedra con Centroamérica’ Caixavigo (Vigo).
-2000: Centro Cultural Expo-Salnés, Cambados (Pontevedra).
-2003: Galería Arcana, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), Sala do Concello de Mondariz (Pontevedra) e Café das Áncoras, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
-2004: Hotel 'Puerta del Camino', Galería José Lorenzo (Santiago de Compostela).
Recentemente ven de expoñer en Establecimientos Otero de Cambados e prácticamente acaba de pechar a súa exposición na Sala Briones de Vilagarcia de Arousa.
Hoxe estará arroupada no Bar Lupe por númerosos amigos e compañeiros de profesión.


Ningún comentario: