31 de out. de 2014

O PP NÉGASE A TRATAR A CORRUPCIÓN QUE ENCUBRE O HOSPITAL DO SALNES NO PLENO DE ONTE.

ARAGUNDE TAMÉN APOIA O ENGANO DE FEIJOO
No pasado pleno o BNG presentou, “vía
urxencia”, unha moción referida á petición de contratación das obras de ampliación do Hospital do Salnés e de
consignación orzamentaria nos orzamentos da Xunta para a súa execución. A maioría do PP, no pleno de Cambados, impediu que fose tratado este tema de vital importancia e transcendencia  para todos os veciños e veciñas da comarca. Con esta postura, Aragunde  convértese en cómplice das promesas incumpridas pola Xunta de Galicia para ampliar o Hospital do Salnés. Núñez Feijoo leva dúas lexislaturas enganando á xente de xeito reiterado é a triste
realidade é que a día de hoxe o único que existe é a ampliación do aparcamento; mal imos se teñen que operarnos no aparcamento.
Desde o ano 2009 ao 2013, o presidente da Xunta, apoiado por alcaldes coma o de Cambados, leva prometendo millóns de euros e promesas de ampliación que logo se quedaron en nada. Pero o máis sangrante e que neste 2014 se autorice a contratación das obras de ampliación por máis de nove millóns de euros pero que nos orzamentos 2015 da Xunta, ano no que se debía realizar a obra, non aparece ningunha partida destinada a pagar ditas obras; pouca credibilidade ten a nova promesa. O que
realmente pedía o BNG coa presentación desta moción é que deixen de tomarnos o pelo e que a Xunta cumpra o que leva dúas lexislaturas prometendo. 
A realidade é que o presidente da Xunta pode permitirse eses luxos de enganar con promesas á cidadanía porque conta con aliados nos concellos, como o noso alcalde, que están dispostos a encubrir as súas mentiras. Os representantes municipais son imprescindibles  para defender os intereses xerais dos seus veciños e veciñas e con Luís Aragunde os nosos intereses, neste momento os sanitarios, non están defendidos; outros moitos intereses tampouco.
VICTOR CAAMAÑO , PORTOVOZ DO BNG DE CAMBADOS.

Ningún comentario: