31 de out. de 2014

CONFESIÓNS DUN FUNCIONARIO DO CONCELLO CABREADO:

“SE R…… CANTA, ALGÚNS TEÑEN QUE IR PARA O CÁRCERE”.
Que as cousas no noso concello non están ben, fai tempo que o sabe moita xente, estes días tivemos a
oportunidade de falar cun funcionario “cabreado” do concello e fíxonos unha confesión que moitos xa sabiamos. Hai certo alto cargo no consistorio, que fai uns meses está a ser
defenestrado  e practicamente  fai o mínimo do seu traballo e pouco mais, non porque el non queira senón porque os máximos dirixentes do concello o teñen pouco menos que como un verdadeiro “maniqui”. Pero este alto cargo sabe moitas, pero moitas cousas e ten probas documentaís delas. 
Preguntábanos o funcionario en cuestión que pasara no blog porque  durante uns días tivo un apagón cibernético,
preguntounos este funcionario si habiamos sufrido presións políticas ou algo similar, evidentemente dixémolle que non,  que simplemente fora un fallo de blogger.
Pero o que iamos este funcionario díxonos que os dirixentes do concello están un tanto preocupados porque hai uns meses o referido alto cargo está un pouco canso deles e que se cantara R…., algúns ían para o cárcere directos.
Tamén nos dixo que hai varios funcionarios no concello que tamén están algo “acongojados”, pois están politicamente moi “enmerdados”. Seguíanos contando este funcionario que o ambiente no traballo estase a facer irrespirable porque hai que ter moito coidado con que se fala porque hai compañeiros que
lle van meter no cu todo o que se di (que non se refería o traballo estritamente) aos dirixentes do concello. Tamén nos dicía este funcionario que está moi canso do que está a pasar, pero hai que aguantar como se poida. R….ten un gran amigo que demitiu como alto cargo, porque non aguantaba mais a situación.
Non sei se entendechedes algo deste artigo, pero estamos seguros que a xente que está relacionada co concello si o entende perfectamente, e non queremos dicir que poida pasar o aquí o de “Los hombres de Paco (Granados)”, pero pouco menos.

Ningún comentario: