1 de nov. de 2014

CONSELLOS PARA QUE NADA LLE IMPIDA SOURIR A UN NENO

POLA DOUTORA CAMBADESA ANTÍA GALEGO, ODONTOPEDIATRA DA POLICLÍNA GIRALDO DE VILAGARCÍA.
Os odontopediatras recomendan por primeira vez ao dentista entre os 12 e 18 meses.
A odontopediatría é a rama da odontoloxía que se ocupa de asegurar a boa saúde dental dos cativos. Para conseguilo os especialistas recomendan que os pequenos realicen a súa primeira visita ao dentista entre
os 12 e 18 meses, sempre que sexa posíbel, en en calquera caso nun máis tarde dos tres anos, cando o neno xa completou a súa dentición primaria. “ A esa idade xa é posíbel comprobar si existe algún problema na mastigación ou na deglución”, afirma a doutora cambadesa Antía Galego odontopediatra na policlínica
Giraldo. “O noso obxectivo principal –afirma- é a prevención, xa que uns dentes de leite sans é un factor importante para que os definitivos tamén o estean. Por iso, canto antes visite o neno ao odontopediatra e antes se lle expliquen as normas de hixiene
bucal, mais garantías se terán de que as pezas definitivas saian sans”
Unha pregunta recorrente dos pais é porque hai que tratar os dentes de leite se van a caer despois. “Os proxenitores han de saber que estas pezas teñen unha importante función, tanto dende o punto de vista da
fonación e da estética como para manter o espazo suficiente que posteriormente ocuparan os dentes definitivos”. Afirma a doutora Galego, quen explica "que tamén é importante tratalos para evitar que apareza algún tipo de infección, que pode derivar en alteracións da peza
definitiva."
Ademais de ocuparse da prevención, os odontopediatras teñen que tratar a miúdo traumatismos dentais. "Se isto sucede, é moi importante que se acuda ao dentista o antes posibel e, se é necesario, facer unha radiografía xa que hai traumatismos nos dentes de leite que poden producir unha alteración no dente definitivo”. Afirma a especialista.
Entre os seus cometidos tamén se encontran o detectar posibles anomalías nas pezas dentarias ou nos maxilares (mordidas abertas, mordidas cruzadas, etc.). Nestes casos, é necesario tratalas cando o neno está en crecemento e para elo han de remitilo o especialista en ortodoncia.
A visita ao dentista pode chegar a provocar nos infantes medo ou ansiedade. Por elo, na policlínica Giraldo utilizan técnicas de manexo de conduta, así como diferentes técnicas anestésicas, para minimizar a dor no neno.”A sala de espera está tamén adaptada para eles, e no gabinete conta cun televisor onde poden entreterse vendo debuxos animados para que o tratamento lle resulte máis ameno”, sinala a Doutora Galego.
NOVA RECOLLIDA DE FARO DE VIGO.

Ningún comentario: