1 de nov. de 2014

EXPOSICIÓN DE JUAN MORENO BADIA

A PARTIR DO SEIS DE NOVEMBRO NO PAZO TORRADO DE CAMBADOS.
O pintor Juan Moreno Badia (A Coruña 1945) , expón a partir do vindeiro seis de Novembro no Pazo de Torrado en
Cambados, a inauguración será a partir das 20 horas e a mesma estará no pazo cambadés ate o vindeiro 8 de decembro. As horas de visita son de martes a domingo de 11 a 14 horas pola maña e de 17 a 20 horas pola tarde. A
exposición denominase “ARREDOR DA PAISAXE”.
Juan que aparte de pintor e aparellador, adicase a pintura artística dende 1968, con exposicións individuais en Madrid, Cuenca, Ibiza, Ourense, Vilagarcía, Zarza de Granadilla, Brión, Pedras negras , Duran, Nueva York e París entre outros sitios. Juan ten unha técnica clásica e depurada.




Ningún comentario: