12 de nov. de 2014

CONCENTRACIÓN CONTRA A LEI DE SEGURANZA CIDADÁ DIANTE DA SEDE DO PP DE VILAGARCIA.

A Executiva Nacional do BNG acordou apoiar as concentracións silenciosas convocadas pola Alianza Social Galega, para mañá xoves, diante das sedes do Partido Popular, en oposición á
reforma da Lei de Seguranza Cidadá, actualmente en tramitación parlamentar nas Cortes do Estado.
Para o BNG é unha necesidade facerlle fronte, tamén na rúa, a este proceso de acelerado retroceso no exercicio de dereitos cívicos e democráticos.
É por iso que o BNG do Salnés fai un chamamento a militantes e
simpatizantes a participar na concentración que na nosa comarca será mañá xoves día 13, ás 20h., diante da sede do PP en Vilagarcía de Arousa (R/ Castelao).
ALINZA SOCIAL GALEGA é unha iniciativa de UGT, CIG e CCOO, diferentes organizacións e entidades representantes da sociedade civil galega constituíron en outubro de 2012 para dar unha resposta colectiva ás
nefastas políticas antisociais que, seguindo os ditados da Unión Europea, están desenvolvendo os Gobernos de Galicia e o Estado, con consecuencias moi graves para as condicións de traballo e de vida da maioría social. Políticas que se veñen aplicando, especialmente desde maio de 2010, atendendo só aos intereses dos
mercados ou, o que é o mesmo, da banca e do capital financeiro internacional, que mediante o seu neoliberalismo depredador mingua e pretende reducir á mínima expresión, cando non finiquitar, o noso Estado do Benestar. Perante a perspectiva real de que a situación
empeore nos próximos meses como consecuencia destas políticas promovidas polo BCE, a CE e o FMI, e postas en práctica en Galicia e o Estado polos gobernos do PP, as
organizacións e entidades asinantes promoverán mobilizacións para expresar o rexeitamento da sociedade galega ás políticas que se están aplicando. Porque a saída da crise non pode recaer sobre os máis débiles nin facerse á custa do empobrecemento da poboación.

Ningún comentario: