O vindeiro domingo 16 de Novembro as 19 horas e dentro do Ciclo de Teatro para adultos terá lugar a intepretación da obra “AS DO PEIXE, de Abrapalabra
Creacións Escenicas. O prezo da entrada é de 3.5 € e 2.5 € reducida.
Creacións Escenicas. O prezo da entrada é de 3.5 € e 2.5 € reducida.
ABRAPALABRA Creacións Escénicas presenta “As do peixe”, unha obra escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez sobre o mundo das mulleres galegas no sector conserveiro, baseada en testemuños reais da vida nas fábricas a partir dos anos 70 e dende a óptica de hoxe.
Catro mulleres, Conchi, Begoña, Lisa e Tere, reúnense periodicamente nun espazo público dedicado á memoria das conserveiras. Aquí tratan de relembrar o seu pasado laboral e o de tantas mulleres que, logo de que a fábrica de conservas máis importante da vila pechara, despois de
moitas loitas e desenganos, víronse sen traballo e sen posibilidades reais de volver recuperalo. A súa historia, e a de moitas outras mulleres das vilas mariñeiras que quedaron sen traballo, amosan unha realidade: o derrube dunha economía e dun xeito de vivir.

Mais esta viaxe cara ao pasado supón tamén a recuperación na súa memoria dos momentos claves dos anos vividos na fábrica, intimamente unidos ás súas propias biografías. As súas vidas e as de moitas mulleres, pasarán por diante delas facéndolles revivir un pasado que agora mesmo parece moito mellor do que foi, e enfrontarse
a un presente cheo de incertezas.
a un presente cheo de incertezas.
As do peixe, está interpretada por Susana Dans, Mónica Camaño, Rocío González e Casilda Alfaro. e vén avalada por un enorme éxito de público e crítica, e co recoñecemento na edición deste ano dos premios de teatro María Casares nos que obtivo o de mellor texto orixinal, a mellor actriz protagonista para Susana Dans, e a mellor dirección para Cristina Domínguez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario