9 de nov. de 2014

CONTAS CLARAS QUE NON SE DAN EN CAMBADOS

POLO DE AGORA NINGUNHA COMISIÓN DE FESTAS PUBLICOU AS SÚAS CONTAS.
Hoxe mesmo lemos no Faro de Vigo secicón de Arousa como a Comisión de Festas do Carme de O Grove, da conta euro a
euro dos gastos e ingresos con todo luxo de detalles. Isto en Cambados non se viu nunca na vida, pero é que en Cambados temos un antecedentes moi perigosos  e se xa o Concello por medio de seu Alcalde non facilita as
contas do Albariño aos partidos políticos,  que non van a facer as comisión de festas de Cambados as cales as maioría delas non fan mais que ser seguidores  tanto social como politicamente de Luís Aragunde. Só que coñezamos o caso, a Agrupación Cultural Corvillón (Xironsa), deu conta a todos seus socios
dos gastos ingresos da súa gran festa anual no campo de Seca o día 31 de Agosto, pero non é unha comisión de festas como tal senón unha asociación.
A comisión de Festas do Carme de O Grove é todo un exemplo para a Comisións de Festas de Cambados, e
todas, e cando dicimos todas son todas, debían de facer o que fixo esta comisión de festas de O Grove. 
Por que non o fan?. Ese a gran pregunta, todos cidadáns cambadeses que aportamos cartos as festas locais temos dereito a saber en que se gastan os nosos cartos,
mais que nada para evitar comentarios rastreiros e coidamos que sen fundamento como “estanse a facer rico a conta da comisión de festas”, “comprou o coche a conta da comisión da festas” etc. Vai por diante o noso respecto a toda esa xente que traballa
sen ganar un peso para que os demais poidamos divertirnos, pero o cortés non quita o valente.
Tamén pensamos que hai unha orde velada do Concello de Cambados no que  se da unha especia de consellos para que as comisións de festas non publiquen as súas contas porque veriamos os cambadeses a cantidades que aporta o concello a estas comisións, que é unha cantidade moi importante de cartos, porque aparte dos cartos que se dan anualmente tamén o concello paga certos conceptos as comisións de festas do que a maioría dos cambadeses non nos damos conta. E non é o primeiro  nin último presidente de comisión de festas que ven pedir o voto polas portas para o Partido Popular e isto tampouco é  moi ético que digamos, ainda que si legal.
Os veciños tamén temos parte de culpa neste sentido, porque cada vez que nos veñen a pedir a nosa porta, aparte de traernos o libreto cos actos, tamén deberíanos aportar un detalle de gastos e ingresos da festa do ano anterior.
Fots: Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Diario de Arousa e Google Imaxes.

Ningún comentario: