9 de nov. de 2014

"REFORMAS" EN “A TI MEU CAMBADOS”

DÚAS PAXINAS DE FACEBOOK,  UNHA DE NOVAS E OUTRA DE DEPORTES, APOIAN O BLOG.
Dende fai uns días algúns amigos e seguidores do noso blog e das paxinas de facebook “Unha Grande Chea” e
“Cambados de Primeira”, pregúntanos que agora non aparecen esas contas. Temos que dicirlle que por unha política de facebook ditas páxinas desapareceron e  e agora
non son simples contas de facebook senón paxinas como tal que nos denominamos “ A TI MEU CAMBADOS NOVAS” (a que podes acceder premendo na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/unha.chea )
 e “A TI MEU CAMBADOS DEPORTES” (a que podes acceder premendo  na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/cambados.deprimeira ). Tamén tes un enlace na columna dereita do blog.
Na primeira das paxinas podes atopar novas de todos os
medios de prensa e dos blogs “Alza la Voz Cambados” e “Cores de Cambados” diariamente sobre o que acontece en Cambados acompañadas de certos
“chascarrillos” da nosa redacción. Ademais nesta paxina de facebook poderás ver vídeos de Cambados e de Unha Grande Chea, que están tendo moita aceptación, de feito un deles tivo mais de 14.000 visitas. Podes acceder a ela simplemente dándolle “gústame”.
Na segunda das páxinas terás toda a actualidade deportiva da nosa vila e algún que outro vídeo curioso. 
Se de todos xeitos pertences a algunha asociación, medio, organismo, club deportivo, ou o que sexa e queres saír tanto no blog como nas páxinas de facebook pódenos enviar a túa nova a atimeucambados@gmail.com.

Ningún comentario: