10 de nov. de 2014

SEMANA DA CIENCIA 2014

A Asemblea Xeral da ONU acordou declarar o 2014 como Ano Internacional da Agricultura Familiar, unha iniciativa promovida polo Foro Rural Mundial e respaldada por máis de 360 organizacións civís e campesiñas de todos os continentes.
Esta celebración pretende promover políticas activas a favor do desenvolvemento sostible dos sistemas agrarios basados
na unidade familiar campesiña, comunal, indíxena, cooperativa, e pesqueira. Pretende ademais loitar de forma eficaz contra a pobreza e a fame e buscar un medio rural basado no respecto polo medio ambiente e a biodiversidade. Tamén busca facer que aumente a visibilidade da agricultura
familiar e a agricultura a pequena escala e centrar a atención mundial sobre o seu importante papel na loita pola erradicación da fame e da pobreza, a seguridade alimentaria e a nutrición, para mellorar os medios de vida, a xestión dos recursos naturais, a protección do medio ambiente e un desenvolvemento sostible das zonas rurais.
Unha das metas é conseguir que este tipo de agricultura se reposicione como centro de interese das políticas dos países, promovendo medidas de apoio e colaboración aos pequenos produtores (comercialización, acceso a
financiación, formación e tecnoloxía, distribución da terra...)
Considérase AGRICULTURA FAMILIAR as actividades relacionadas coa produción agrícola, forestal, pastoril, acuícola... xestionadas  por unha familia e que dependen fundamentalmente da man de obra familiar. Esta é unha das formas de producir alimentos predominante tanto en paises desenvolvidos como sen desenvolver.
Centrándonos en Galicia, este tipo de actividade segue ocupando a un sector importante da poboación, que produce alimentos de moi alta calidade e que nos últimos tempos atopou moitas dificultades para facer rendible o seu traballo, o que levou ao abandono do rural e de moitas explotacións.
Como en anos anteriores o noso centro súmase a este evento realizando unha serie de actividades conmemorativas na SEMANA DA CIENCIA que se celebrará entre os días 10 e 14 de novembro organizadas polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química.

ACTIVIDADES:

Manuel Dominguez
OBRADOIROS:
Aproveitamentos vexetais
Manuel Domínguez (Ventos-Estudos Ambientais)
12 e 13 de novembro
(Alumnado 1º E 2º ESO)

CHARCAS CON VIDA, en colaboración con ADEGA
Construción da charca do patio do IES Asorey
(alumnado 3º ESO)

CONFERENCIA:
A conservación do medio natural, tarefa común. O MEDIO
Juna José Casares
NATURAL RURAL E URBANO
Juan José Casares Long, catedrático de Enxeñaría Química e ex reitor da USC
Anxo Rodríguez López, investigador en formación no departamento de Enxeñaría Química da USC
(4º ESO e 1º Bacharelato)

EXPOSICIÓN
A agricultura. Cultivos en Galicia e no mundo.
Elaborada por profesorado e alumnado do centro
Do 10 ao 21 de novembro.



Ningún comentario: