ACUSAN DE ATENTADO A UN FUNCIONARIO XUDICIAL POR ARRECUNCHAR AO SECRETARIO COA MAN NO ALTO
De atentado acusa o fiscal a un funcionario do servizo de auxilio xudicial destinado no Xulgado de Primeira Instancia e
Instrución número 1 do Carballiño. O representante do ministerio público atribúe a Ignacio V. G. unha actitude ameazante e agresiva cara a José LL.F., secretario do mesmo xulgado. Sostén que se encarou con el e chegou a arrecunchalo contra unha parede coa man no alto. Levantouna, expresado dunha forma gráfica, pero sen chegar a baixarlla nin na cara, nin en ningunha outra parte do corpo. Nin aberta, en forma de labazada, nin pechada, para dar unha puñada. Nada.

Non consumou Ignacio agresión efectiva algunha, pero a súa actitude é constitutiva dun delito de atentado á autoridade, segundo a interpretación do fiscal, que mantivo na súa integridade os termos do escrito de acusación.
Aprecia o fiscal como atenuante, en calquera caso, o estado no que se atopaba o traballador no momento do suceso. Borracho, embriagado, bebido, ou en estado de intoxicación pola inxesta de bebidas alcohólicas, segundo as distintas expresións que se empregaron para determinar a súa situación.
Que o acusado bebera non o nega nin o afectado implicado. Tampouco o seu avogado, aínda que a súa interpretación dos feitos é radicalmente diferente. O secretario chamou a atención ao funcionario sobre a unha da tarde do día 20 de febreiro do 2013. Dirixiuse cara a el para darlle instrucións e decatouse de que presentaba un forte cheiro a alcol. Tiveron unhas palabras.
O GARDA NON INTERVEU
O acusado sofre unha notable discapacidade nun brazo,
polo que os seus torpes movementos pode ser interpretados como o que non son, segundo o seu avogado defensor. Que non tivese chegado a intervir o garda que estaba de servizo o día do incidente, a pesar do barullo provocado polos dous protagonistas do suceso, é un dato moi significativo para o letrado.

A tese da defensa parte de que o incidente non foi máis que unha discusión entre compañeiros de traballo. Non nega que o acusado tivese bebido máis do recomendable mentres se atopaba de servizo, pero non por iso debe ser castigado nun procedemento penal, segundo razoa, senón que, todo o máis, debería ser obxecto dun expediente disciplinario de carácter meramente laboral e administrativo.
Ignacio V. G., estivo destinado no Xulgado de Instrucción Nº 4 de Cambados dende o ano 2008 ate o ano 2011, onde precisamente non deixou moi bos recordos.
NOVA RECOLLIDA DE: A VOZ DE GALICIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario