7 de nov. de 2014

SON UN ORFO NACIONALISTA

Dende o 17 de Marzo de 2013 son un orfo nacionalista que vaga polo mundo non sabendo que facer (politicamente falando). O 17 de Marzo de 2013 tivo lugar a Asemblea Nacional do BNG onde se fixo realidade unha excisión que
xa todo o mundo sabiamos que ía a ocorrer, Ames so ditou unha sentencia anunciada. Dende aquela ate o de agora o
nacionalismo ven dando tombos  que se poden personificar de varias formas, uns pese a seguir mantendo no seu poder o “aparato” da formación baixan de votos en cada comicio con escusas bastante peregrinas, outros deron un
sorpresón descomunal que nin foi tan descomunal  nin tan bo, dicían que eran nove deputados nacionalistas e quedan apenas dous a punto de ser absorbidos por unha forza españolista, e o mais triste,  os que se escindiron do “aparato” remataron andando a "hostia" limpa entre eles (eufemisticamente falando), outros nacionalistas que tamén se
separaron do partido pasaron a ser unha forza residencial e van de fracaso en fracaso en cada comicio electoral. Logo ves como nas redes sociais dinse verdadeiros disparates uns a outros,  e ves como florece moito odio
e moita xenreira. Dame vergoña a veces dicir que son nacionalista con este panorama desolador. Teño que confesar que nas derradeiras eleccións europeas non votei nacionalismo por primeira vez na miña vida, con dor de corazón. 

Eu marcheime de “motu propio” dunha destas casas, aínda
que bastante empuxado por meus “pais” (politicamente estou morto por un “chochitazo de miocardio”), casa a que obviamente non penso volver na miña vida, agás un día,  que espero que
non sexa moi lonxano,  todo o nacionalismo se volve a unir e sexamos un só partido, fronte, converxencia ou como carallo lle queirades chamar, porque como din os entendidos isto é cíclico e seguramente  nun prazo de dez anos haberá unha especie de congreso refundacional e nos volvamos a xuntar todos, sobre todo cando desaparezan da escena política certos personaxes cun ego tan alto que non lles importou acabar co nacionalismo , tanto dun lado como doutro, que van pasar a historia precisamente por iso por fundir o nacionalismo na miseria.

Achéganse unhas eleccións locais, no meu pobo,
Cambados,  polo de agora vanse presentar con toda seguridade PP, PSOE e BNG, non sei se o final AGE, ANOVA ou CERNA van presentar candidatura en Cambados, polo pouco que sei penso que non, aínda así obviamente eu vou votar,  o que teño claro é que mentres o nacionalismo siga separado eu non vou votar nacionalismo. Nunca vos dixeron de pequenos “A quen queres mais a papa ou a mama” normalmente sempre
diciamos “Os dous”, nuns comicios eu non podo votar “os dous” (ou os tres ou os catro”), o voto seria nulo,  vou votar calquer cousa menos nulo. Podemos seguir discutindo quen tivo razón e seguirnos botando as culpas uns a outros, senon empezamos de cero , imos seguir  facendo rediculo na area politica.  
Estou seguro de que non estou eu só nesta situación, penso que hai moita mais xente e esta é unha forma de reivindicar a unión do nacionalismo, sei que son unha area no deserto, pero se mais grans de area pensaran o mesmo outro galo lle cantaría ao nacionalismo.


XAQUÍN CHARLIN “CHON”.

Ningún comentario: