HOXE 8 DE NOVEMBRE AS 18 HORAS EN EXPOSALNES
Hoxe sábado, día 8 de Novembro, celebrarase en Cambados a primeira asemblea aberta de Podemos Cambados despois da celebración da Asamblea Cidadán “Si, se puede” a que calquera persoa pode asistir. Será no Salón de Actos de Exposalnes as 18:00 horas.
As asembleas abertas de Podemos son actos nos que calquera asistente poder dar ideas e participar na mesma.
As principais finalidades de esta primeira asemblea despois da celebración da Asamblea Cidadán “Si, se puede” son explicar brevemente os documentos Ético, Político e Organizativo aprobados nesta Asamblea Cidadán celebrada en Madrid, ademais de adaptar a Asamblea de Podemos Cambados aos novos documentos Organizativos aprovados.
Dende Podemos Cambados queremos informar aos veciños dos pasos que esta a dar a Organización e como foi o proceso participativo para chegar a ser aprobados estes documentos, ademais faremos un debate de candidatos e candidatas a formar parte dos órganos de representación estatal dende a Asamblea de Podemos Cambados.
Tamén someteremos a votación un Regulamento Interno da Asamblea de Podemos Cambados para podernos dotar dunhas normas que voluntariamente aceptamos os membros da Asamblea e que faciliten e melloren o noso funcionamento interno, a vez de poder ser mais útiles para os veciños de Cambados.
Darase conta dos avances realizados polos distintos grupos de traballo de Podemos Cambados na Asamblea e valoraremos a actual situación na que se atopa o concello
de Cambados, ademais de evaluar a situación na que nos atopamos a meses das vindeiras eleccións municipais.
de Cambados, ademais de evaluar a situación na que nos atopamos a meses das vindeiras eleccións municipais.
"É a hora da xente!", diciamos antes das eleccións europeas e o mantemos agora. Que os cambios enormes que temos que acometer non nos asusten, a democracia só se constrúe coa participación de todas e de todos, e comezando dende o Concello de Cambados, por iso animamos a participar aos nosos veciños na vindeira Asamblea mañan Sábado no salón de Actos de Exposalnes.
Só a xente salva xente.
A orde do dia da asemblea será a seguinte:
1º.- Elección Moderador e Secretario.
2º.- Aprobación Acta Anterior.
3º.- Breve explicación dos acordos aprobados na asamblea cidadán“Sí, se puede”, e adaptación da Asamblea de Podemos Cambados ao novo Documento Organizativo.
4º.- Debate de candidatos e candidatas a formar parte dos órganos de representación estatal.
5º.- Aprobación do Regulamento Interno da Asamblea de Podemos Cambados.
6º.- Resumen das actuacións dos distintos grupos de traballo.
7º.- Varios.
Daniel Díaz e Xano Fariña, Portavoces do Circulo de Podemos en Cambados.
Circulo de Podemos Cambados
FOTOS: DIARIO DE AROUSA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario