8 de nov. de 2014

CARTA ABERTA A UN IRMÁN ORFO

POR XAN GALBÁN.
Dende que nos anos sesenta se
fundaran os dous grandes partidos na clandestinidade con maior incidéncia na sociedade, a UPG de corte marxista-leninista e o PSG de ideoloxía marxista e acción socialdemócrata poucas cousas mudaron agás pecharlle o paso ás teses de Ramón Piñeiro con aquela falacia de galeguizar os partidos de ámbeto español-que se
galeguicen eles coma o PSC e mira que lles costa na Catalunya de seu,-fumos quen de ter un único éxito chamado CIG ,un sindicato de clase e con forte incidencia entre os traballadores e capacidade de actuación en todo o país,sei que é pouco pero non todas as nacións sen estado da península poden dicer o mesmo,soio resaltar un úmico momento de gloria cando tivemos a
capacidade de lle dar un sorpaso-único caso até o de agora-ao PSOE de Francisco Vazquez e demais españoladas coma o alcalde actual de Vigo,segunda forza en Galiza e cun candidato que non foi entrevistado por ningunha televisión pública ou privada agás TV3 de Catalunya"así se las gastan los demócratas último modelo en Spaña".Os problemas viñan de antes pero o atraque en porto bipartito acabou de rematar cunha etapa de estratexias de taboeiro de Xadréz onde en vez de tentar dar xaque ao Rei diluímonos entre as pezas do xogo.Pero isto é pasado Irmán,temos que aprender del mais para non repetir erros e tentar algo novo,realmente novo,e se tivera a bariña máxica diríache como hai que facer,pero mentras úns e outros esperan a Godót,nós,a xente do común temos
que loitar e ir ao seu encontro,sen tutelas de ningún partido,como sociedade na que traballamos e queremos loitar por ela,se os partidos deciden ir úns soio cos traballadores,outros cun abanico mais amplo e outros pola empresa,que sexa así,pode que ata sexa mais real e mellor,en Heuskal Herría e Catalunya xa pasa e non vexo que lles vaia mal,se decidimos militar ou colaborar cunha desas organizacións pois ben,sempre que teñamos claro que o fín é Galiza,a Nación galega,os seus cidadáns,e se é traballar dende a base sen organizacións políticas benvido sexa tendo en conta que "fumos ficando SOS o mar o barco e mais nós"os do PP soio buscan o poder ,nós témolo que transformar.Saude e patria
XAN GALBAN, EN RES POSTA A:
SON UN ORFO NACIONALISTA, DE XAQUIN CHARLIN "CHON" 

Ningún comentario: