O BNG ven de presentar hoxe mesmo un escrito no concello de Cambados no que di que hai uns meses o concello anunciou, nos medios de comunicación, que tiña planificada a construción de
novos parques infantís así como tamén a remodelación e mellora das condicións dalgúns dos xa existentes en Cambados. Así mesmo, hai uns días que representantes da
Comisión das familias de nenos/as con Necesidades Específicas de Apoio Educativo da Comarca do Salnés reuníronse con representantes de diferentes grupos políticos, entre eles o BNG, para trasladarlles as súas inquedanzas e propostas para conseguir unha sociedade máis inclusiva en todos os eidos da vida dos nenos e nenas con diversidade funcional. E para conseguir iso, un dos aspectos a ter en conta é a necesidade de adaptación do acceso aos parques infantís e aos elementos de xogo dos mesmos, pois en toda a comarca do Salnés existe un só “columpio” adaptado, polo que esta situación podería mellorarse facilmente. A estimulación que aportan os parques infantís é fundamental para todos/as os nenos e nenas, e para os que teñen algunha lesión cerebral son prioritarios para conseguir un mellor desenvolvemento psicomotor e, polo tanto, unha mellor calidade de vida. Ademais, os elementos adaptados dos parques infantís poden ser utilizados por todo tipo de nenos/as, pero non así os elementos de xogos non adaptados e, ademais, os nenos/as con diversidade funcional deberían poder utilizar este tipo de servizos públicos como o fan todos/as os demais, pois este debe ser un paso previo para acadar unha sociedade máis igualitaria tamén na infancia; polo qu remata solicitando da alcaldía que na construción ou remodelación dos parques infantís, o concello de Cambados, teña en conta as necesidades de adaptación de acceso aos mesmos e aos elementos de xogo para os nenos e nenas con diversidade funcional.
FOTOS: Faro de Vigo e La Voz de Galicia.novos parques infantís así como tamén a remodelación e mellora das condicións dalgúns dos xa existentes en Cambados. Así mesmo, hai uns días que representantes da
Comisión das familias de nenos/as con Necesidades Específicas de Apoio Educativo da Comarca do Salnés reuníronse con representantes de diferentes grupos políticos, entre eles o BNG, para trasladarlles as súas inquedanzas e propostas para conseguir unha sociedade máis inclusiva en todos os eidos da vida dos nenos e nenas con diversidade funcional. E para conseguir iso, un dos aspectos a ter en conta é a necesidade de adaptación do acceso aos parques infantís e aos elementos de xogo dos mesmos, pois en toda a comarca do Salnés existe un só “columpio” adaptado, polo que esta situación podería mellorarse facilmente. A estimulación que aportan os parques infantís é fundamental para todos/as os nenos e nenas, e para os que teñen algunha lesión cerebral son prioritarios para conseguir un mellor desenvolvemento psicomotor e, polo tanto, unha mellor calidade de vida. Ademais, os elementos adaptados dos parques infantís poden ser utilizados por todo tipo de nenos/as, pero non así os elementos de xogos non adaptados e, ademais, os nenos/as con diversidade funcional deberían poder utilizar este tipo de servizos públicos como o fan todos/as os demais, pois este debe ser un paso previo para acadar unha sociedade máis igualitaria tamén na infancia; polo qu remata solicitando da alcaldía que na construción ou remodelación dos parques infantís, o concello de Cambados, teña en conta as necesidades de adaptación de acceso aos mesmos e aos elementos de xogo para os nenos e nenas con diversidade funcional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario