(POR OSCAR MANUEL NUÑEZ)
Os ecos do derradeiro Pleno da Corporación do xoves 30 de outubro non cesan, aumentan exponencialmente cada día que pasa. Peter O Toole gritaba “Eu saltei a banca nun Casino
de Montecarlo” no filme de David Lean, e as paredes do deserto de Tabernas en Almería recollían o eco. Ao Teniente Lawrence os Británicos o tildaban de tolo poren só había duas especies que lles gostara vivir no deserto: aos beduinos e aos escorpións. Se non fora porque aínda non nacera o noso Presi Aragunde estaría nesa clasificación de heroes que deixaban a sua pegada na area deixando o sol ás costas, na percura dun soño, dunha quimera. “O amor de mis amores, mi Romeo, sentí al besar tus labios, un sueño, una quimera” (Julieta)”.”Pos yo sentí tus zapatos en mis “pieses”, porque bailas muy mal” (Romeo). Cantinflas tamen na película adicada a memoria de Shakespeare andaba tras un soño. Bailar, gobernar, comer, xogar e todas as palabras rematadas en -ar lle gostan moito ao noso alcalde porque esta feito dunha “pasta” especial.

A “pasta” ou a caixa de caudais da Corporación non dan a basto con tantos festexos dos que presumiu no Pleno Municipal, concretamente da Festa do Albariño. A “wish list”
(lista de desexos) que recibiron por vez primeira os grupos da oposicion reficte un montante dun cuarto de millón de euros. Todo consonte ao expresado polo Partido Popular: “Víctor, Fátima, nos coñecen en todas partes para a vosa información. Para que o saibades (nese intre ría e enchía o torax coma un pavo real) en Brasil chegaron “ecos” (outra vez Lawrence de Arabia) da macrofesta que montamos aquí, un dos eventos enolóxicos “trending topic” a nivel mundial, tanto é así que nos fixeron chegar unha invitación para estar alí presentes. Para que non esteades preocupados vos adianto que un Técnico do sector estará alí para nos representar, a gastos pagos”. Pos que vaian preparando os veciños a carteira, poren Pomares ou o elexido para esa travesía (o Secretario ao mellor, para levantar acta) ten que ir alá. Pos está ben o conto. España non gañou o Mundial, gañámolo nós, e co estado de asfixia económica que os veciños de Cambados aturamos, enviamos un emisario máis alá das fronteiras de Fantasía (A Historia Interminable, Michael Ende). “É incrible” (coma dí él) que saian cartos da caixa de caudais do Concello sen tino para semellantes aventuras. Eu, a título particular, lin un encendido artigo de Bea Costa na Voz de Galicia falando da publicidade estática e o canon que van a ter que abonar (aumentado na súa coantía) as empresas que queiran poñer cartelería no Albariño. Pos que saiban os veciños que non abonda para pagar esa viaxe de ida e volta a Brasil.

E que me decides do Xantar onde non hai lista de invitados completa, onde máis de 600 euros van parar a Libertad Digital e Federico Jiménez Losantos. Coma non vai a ser isto a Festa do PP cando se pagan favores a este individuo inquisidor e un dos piores elementos da “casta” Española,
urdidor de plans que fixeron un dano terrible as Institucións coma A Coroa, a mesma que ten en foto o Presi no seu despacho. Lamentable. Pos eche o que hai coma dicimos en Cambados: “Se non queres caldo - Albariño, pos duas tazas”. E nin mentar o agobio que tódolos veciños sofremos aos que polo que parece nos toman a pitorreo. Doe dicir que a meirande parte da xente coa que falo na rúa queren liscar daquí cando chegan tales datas poren non hai quen saia a rúa polo estado que amosa de suciedade, cheo de lixo, desperdizos que non son quen de limpar ata quince días máis alá do seu remate, ruídos a todas horas, desordes e vandalismo. Esto parece O.K Corral. É notorio que cada ano que pasa o único que se mide é o número de visitantes, cando o que hai que facer é poñer coto a este desmadre pola falla de organización, polo vacío das súas propostas, e por non servir á colectividade de xeito ecuánime, favorecendo un caldo de cultivo que será moi difícil de correxir no futuro. Coma dicían as avoas “Estamos aquí para sufrir meu fillo”. Sí, en Cambados aínda estamos así, un Concello que ao igual que os xerentes dos Hospitais con este goberno do PP miden a rentabilidade por cama, en vez de dar cumprido servizo aos pacientes, que somos nós.

Cinéfilo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario