25 de nov. de 2014

O PSOE DE CAMBADOS FAI O TRABALLO EN ASUNTOS SOCIAIS QUE NON FAI O PROPIO CONCELLO

A POÑER EN MARCHA A SÚA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS EN FAVOR DE CÁRITAS
Un ano máis, e como ven sendo habitual, a agrupación socialista de Cambados pon en marcha a campaña “Nadal para todos”, na cal agardan repetir o esforzo solidario dos cambadeses para que as familias máis necesitadas tamén
poidan disfrutar do nadal.
A portavoz socialista Fátima Abal explica que "a dramática situación na que se encontran moitas persoas do noso entorno fai cada vez máis necesarias este tipo de campañas solidarias. Asociacións como Cáritas estan sendo fundamentais para a subsistencia de moitas persoas, e están realizando unha tarefa encomiable, ademáis de prestar servizo a un número cada vez maior de persoas, ao mesmo tempo que as axudas públicas víronse recortadas cada vez máis nos últimos anos. Ten un mérito enorme este traballo, e por elo os socialistas queremos aportar o noso gran de area con esta campaña".
Os socialistas lembran a gran labor solidaria dos veciños e veciñas de Cambados, que xa deixaron patente nas anteriores edicións desta campaña. Segundo Abal: "en Cambados podémonos sentir moi orgullosos dos nosos veciños e veciñas, que ano tras ano, e pese as dificultades propias destes tempos de crise, están demostrando un espírito solidario digno de admiración".
Os puntos de recollida de alimentos estarán situados en diversos supermercados e centros educativos entre o 24 de novembro e o 19 de decembro, data na que serán entregados a Cáritas de Cambados. Principalmente, espérase conseguir productos navideños, leite, azucre ou aceite.
Fotos: FARO DE VIGO, ALZA LA VOZ CAMBADOS E A TI MEU CAMBADOS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Ningún comentario: