25 de nov. de 2014

DEMOCRACIA EN ESTADO PURO

ABERTO O PROCESO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA SECRETARIO XERAL DA ASAMBLEA DE PODEMOS CAMBADOS.
Dende Podemos Cambados queremos informar de que esta aberto o proceso de presentación de Candidaturas para a escolla posterior do Secretario Xeral de Podemos
Cambados, este proceso forma parte do novo documento Organizativo aprobado na Asamblea Cidadán celebrada en Madrid e no que pode participar calquera veciño inscrito en Podemos.info e que este empadroado no municipio de Cambados . A principal finalidade de este proceso é a escolla dun Secretario Xeral do Circulo de
Podemos Cambados e que permita adaptar a Asamblea de Cambados o novo documento Organizativo aprobado na Asamblea Cidadán. Unha vez que a persoa que este interesado en optar a ser elixido como candidato a Secretario Xeral de Podemos Cambados se inscriba na web
habilitada como tal, precisa ter o Aval da súa candidatura a través dunha Asamblea local que se celebrara antes do vindeiro 30 de Novembro, e no que os distintos candidatos a optar a ser
elixidos como candidatos a Secretario Xeral de Podemos Cambados defenderan 
as súas propostas para que democraticamente a Asamblea respalde a través do seu Aval a que considere mais idónea.
Dende Podemos Cambados queremos informar aos veciños dos pasos que precisa facer para poder participar na escolla aos órganos de representación de Podemos Cambados, para o cargo de Secretario Xeral, e no caso de ter
algún tipo de dificultade a hora de poder facer a súa proposta facilitarlle no que sexa posible a posibilidade da súa presentación, para que esta escolla sexa o mais democrática posible e as persoas que queiran optar a este cargo de representación da Asamblea poidan participar en igualdade de condicións.
Tamén informaremos dos distintos procesos que debe realizar as persoas interesadas en presentarse
Secretaria Xeral de Podemos Cambados, así como facilitaremos a quen o precise unha serie de guías para poder realizar tódolos pasos precisos para participar neste proceso.
Polo que animamos a aquelas persoas que queiran participar como membros electos na escolla de Secretario Xeral e queiran facer a súa presentación a este cargo, a que se precisan
calquera tipo de axuda ou información se poñan en contacto coa Asamblea de Podemos Cambados no correo electrónico Podemoscambados@gmail.com ou ven a través das redes sociais, e estaremos dispostos a facilitarlle toda a información precisa para realizar este tramite.
Lembrar que as candidaturas a secretario Xeral que se presenten precisan ter o respaldo da Asamblea
Local a través do seu Aval, e que o prazo para presentar a candidatura para optar a este cargo remata o vindeiro 30 de Novembro, e que se trata dun proceso totalmente aberto a cidadanía, co único requisito de asinar e cumprir o Documento Ético de Podemos, estar inscrito en Podemos.info e empadroado no municipio de Cambados.
Xano Fariña, Portavoz do Circulo de Podemos en Cambados.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Ningún comentario: