26 de nov. de 2014

UN FEITO HISTÓRICO EN CAMBADOS BNG E PSOE PRESENTAN UNHA MOCIÓN CONXUNTA

PORQUE NON SE UNEN PARA ALGO MAIS COMO PIDE GRAN PARTE DA POBOACION?
Os grupos municipais do PSdeG-PSOE e do BNG rexistraron hoxe 26 de novembro, ás 12 horas, unha moción conxunta proposta polo sector mexilloeiro para o etiquetado correcto dos produtos transformados e conservas do mexillón.

Un feito que a primeira vista parece normal e todo un dato
histórico que nos sepamos, presentan unha moción conxunta, pero o pobo de Cambados pide algo mais pide unha gran coalición de esquerdas para tumbar ao PP e a Luis Aragunde, e este pode ser o primeiro paso.
E agora imos o que deu orixe a moción conxunta:

Con ocasión da recente revisión da Política Común de Pesca, o Regulamento da Organización Común de Mercados da Pesca e da Acuicultura establece que a partir do 13 de decembro do 2014 se aplicará en toda a Unión Europea unha nova normativa de etiquetado dos produtos da pesca e da acuicultura, que deixa fora destas obrigas aos produtos da pesca e da acuicultura transformados e en conserva, entre eles o mexillón.

Esta nova situación legal permite ocultar a orixe do mexillón
procedente de terceiros países transformado ou en conserva, polo que prexudica ao consumidor nos seus dereitos e intereses, favorece ás empresas que comercializan mexillón foráneo ocultando información en claro prexuízo das empresas que procesan mexillón cultivado en Galicia, o que repercute directa e negativamente no emprego e no sector primario, e consecuentemente na economía costeira e ás familias.

O mexillón configura un sector estratéxico na economía local de Galicia, tamén en Cambados. A Xunta de Galicia afirma que o sector do mexillón xera en Galicia mais de 30.000 postos de traballo, incluídos os que se induce en diversas actividades: empresas destinatarias do
mexillón (procesadores, cocedoiros, conserveiras, depuradoras de moluscos, centros de conxelación e pasteurización...), así como nas empresas provedoras da industria (estaleiros, cordeeiras, carpintería,
montaxes e maquinaria...) e nas actividades auxiliares e de apoio, como transportes, centros de investigación, formación e control do medio mariño, etcétera. A importancia económica da industria do mexillón, únese o valor social que adquire nos municipios costeiros, xa que ten a
capacidade de irradiar beneficios socioeconómicos a amplas capas da poboación, converténdose nun mecanismo de distribución e reparto de riqueza no entorno local que incentiva a implantación de actividades e pequenos negocios.

O Regulamento (UE) 1169/2011 establece que a Comisión Europea elaborará e presentará antes do 13 de decembro do 2014 ao Consello e ao Parlamento Europeo, un informe e unha proposta de modificación normativa, sobre a indicación obrigatoria do país de orixe ou do lugar de procedencia dos ingredientes que representan mais do 50% dun alimento, cal é o caso do mexillón transformado ou en conserva.

            Esta é unha nova oportunidade para recuperar o
dereito do consumidor a ser informado, e unha nova oportunidade para a defensa do Mexillón de Galicia e dos múltiples intereses a el vinculados, e debe ser o propio sector quen lidere esta defensa.

Nesta liña o Consello Regulador do Mexillón de Galicia ten elaborado un documento dirixido e presentado á Comisión Europea informando da situación específica do Mexillón de Galicia e solicitando que o mexillón sexa incluído no informe e na necesaria modificación normativa.
Así pois, para reforzar estes argumentos positivos e contribuír a acadar o obxectivo de etiquetar debidamente os produtos transformados e conservas do mexillón, ambos grupo municipais propoñemos que o Pleno debata esta proposta e:

1. Acorde defender a obriga de indicar a especie e o país de orixe na etiquetaxe do mexillón transformado e en conserva, apoiando a modificación normativa que se detalla no punto seguinte.

2. Acorde instar ao Parlamento de Galicia a debater o
contido desta moción e darlle traslado á Comisión Europea da seguinte proposta, así como que inste á Xunta de Galicia a igual acción:
A) Modificación do Regulamento de execución (UE) 404/2011 da Comisión:
1) O apartado 12 do artigo 67, substitúese polo seguinte texto:
"12. A información indicada nas letras a) e h) do artigo 58, apartado 5 do Regulamento de control non se aplicará aos produtos da pesca e da acuicultura incluídos nas partidas arancelarias 1604 e 1605 da
Nomenclatura Combinada, agás os produtos da subpartida 160553 [mexillóns (Mytilus spp., Perna spp.)] e 16055900 [os demais]."
2) O apartado 5 do artigo 68, substitúese polo seguinte texto:
"5. O presente artigo non se aplicará aos produtos da pesca e da acuicultura
incluídos nas partidas arancelarias 1604 e 1605 da Nomenclatura Combinada, agás os produtos da subpartida 160553 [mexillóns (Mytilus spp., Perna spp.)]  e 16055900 [os demais]."14
B) Modificación do Regulamento (UE) 1379/2013, do Parlamento Europeo e do Consello;
modifícase o parágrafo introdutorio do apartado 1 do artigo 35, como sigue:
"1. Sen perxuizo do Regulamento (UE) nº 1169/2011, os produtos da pesca e da acuicultura enumerados nos puntos
a), b) c) e d) no anexo I do presente Regulamento e os produtos da subpartida 160553 [mexillóns (Mytilus spp., Perna spp.)] e 16055900 [os demais], que se comercialicen dentro da Unión, con independencia da súa orixe ou do seu método de comercialización, poderanse ofrecer á venta ao consumidor final ou a colectivos, unicamente cando se indique no marcado ou na etiquetaxe correspondentes:"
3. Acorde instar á Xunta de Galicia a que apoie e dea
traslado á Comisión Europea da modificación normativa detallada no punto anterior.

4. Acorde remitir ao Consello Regulador do Mexillón de Galicia o texto do acordo acadado polo Pleno Municipal.


Fátima Abal Roma, Víctor Caamaño Rivas,                                            
Voceira do PSdeG-PSOE Voceiro do BNG
Fotos: Diario de Arousa, La Voz de Galicia e A TI MEU CAMBADOS.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Ningún comentario: