11 de nov. de 2014

VEN AO TEATRO SOLIDARIO E COLABORA CON ALEX E NUPA

ALEX
O Taller de teatro Clámide presenta “LA OTRA HISTORIA DE CAPERUCITA ROJA”, o vindeiro sábado 15 de novembro ás 18 horas  no Salón Garcia da Rúa Alcalde Rey Daviña de Vilagarcía de Arousa. Vente de entradas en taquilla (apertura 2 horas antes). Fila cero en
www.servinova.com.
Esta obra de teatro está organiza por NUPA, asociación da que forma parte unha rapaza de Cambados.
QUE É NUPA
Non se pode definir SOMOS NUPA cunha única frase. NUPA e unha Asociación española de nenos con trasplante multivisceral e afectados de fallo intestinal e nutrición parenteral. Pero tamén son  pícaros con trasplante intestinal. Son  pais que axudan a pais. Son un equipo profesional para atender ás
persoas con estas enfermidades. Son un grupo de sensibilización cara a estas raras docencias.
Son persoas, que ademais dos seus traballos, os seus problemas coa enfermidade e a súa vida diaria, prestan todo o seu tempo, apoio e recursos a esta causa. Son un colectivo sensibilizado con outras causas.
Son unha asociación en pleno desenvolvemento. Son persoas que lles emociona e admiran  a loita das seus nenas e nenos. Agora, quizais entendas, por que é tan difícil definilos nunha soa frase. SOMOS NUPA.
A través da súa  páxina web queren darvos a benvida a NUPA. Probablemente, moitos de vós non saibades en que
consisten estas enfermidades e tratamentos. Esta web axudaravos a entender o seu problema e os esforzos que fan para gozar dunha vida o máis normal posible. Esperan que este contacto, si non os coñeces, sexa o primeiro dunha longa relación: http://www.somosnupa.org/
Os nenos que sofren esta enfermidade  son debidamente atendidos no Hospital de La Paz e non contan con axudas económicas nin para os tratamentos nin para os desprazamentos, nin estancias dos pais. Nupa colabora con eles vendendo pulseras, libros e agora organizando esta obra de teatro para recadar fondos para Alex, un neno de Vilagarcía.

Ningún comentario: