17 de dec. de 2014

A PRAZA DE FEFIÑANS INAUGUROU TAMÉN HOXE ÁRBORE DE NADAL.

Ben amigos, onte por respecto  a Beni Montero non quixemos publicar nada mais que cousas bonitas sobre el, pero temos que volver a crúa e dura realidade. O Concello de Cambados despois de colocar dúas árbores no centro de Cambados, viñeron as protestas de outros núcleos de poboación , primeiro foi Santo Tome,
e despois  a zona,  hoxe por hoxe mais activa de Cambados, tanto falando de hostalería como de outros comercios, é
dicir, a zona de Fefiñáns , e hoxe o Concello acáballe de instalar o seu árbore de Nadal, algúns dicían que era unha parvada que protestaran os comercios de Fefiñans, pero xa vedes ao noso Alcalde non lle parece tal cousa senón mais ben o contrario e
acábannos de instalar na praza mais bonita do mundo tamén unha árbore de Nadal como non podía ser doutro xeito. Esperemos que non o pidan tamén os veciños de Corvillón, Vilariño, Oubiña e Castrelo, senón van levar ao Concello a ruína e a Iluminaciones Umia (unha empresa de Vilanova) a facerse de ouro neste Nadal.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

1 comentario:

Unknown dixo...

Como veciño da Rúa Ourense sinto envexa destes arbores,a nos puxeronnos un arco de luz conectado a unha farola e non alumea ningún dos dous,ou sexa perdemos a luz da farola.