17 de dec. de 2014

O MEU APOIO A UN HOME “HONRADO” ¡RESISTE BENITIÑO “PELEA”!

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Hoxe quero denunciar o que me parece un “brutal” atropelo, o atropelo  a un home “honrado”, tan “honrado”
 como poden ser Tourís ou Louzán e que non é outro que o noso veciño   Benito González, mais coñecido entre os
amigos como “Benitiño Pelea”  ex patrón maior da confraría de pescadores de Cambados. 
      O  pasado sábado  espertei   coa “triste”  nova da  apertura do xuízo oral contra Benitiño e dúas persoas mais,
por un presunto delito de fraude ou estafa aos presupostos da Unión Europea por un sobrecuste na construción do barco da confraría e non me explico como aínda non se botou  a xente de Cambados á rúa indignada  por tan tremenda “inxustiza”; non teño palabras
para describir como me sinto: “Benitiño” un humilde mariñeiro, un home feito a si mesmo  (un “self-made man” como dirían  os americanos), vamos, un loitador, vese inmerso nun
feo asunto; está claro que a xustiza e os xuíces non son imparciais: primeiro van a polo noso “ilustre” cabaleiro do albariño Jaume Matas, despois foron a polos ex presidentes das Deputacións de Ourense e Castellón, Baltar e Fabra respectivamente e,
agora, a polo “noso” Benitiño  ¡non hai dereito! Si existe a xustiza divina estes xuíces algún dia deberían morrer queimados  no inferno; ademais, dende a perspectiva que me da coñecer persoalmente a moitos xuíces  podo
afirmar que son xente malvada que pola mañá saen da casa con unha clara intención de condenar a xente tan “respectable” e “inocente” coma os  anteriormente mencionados; incluso me consta que un “matonciño” do pobo  dixo nun coñecido  bar de viños de Cambados: “a este xuíz
bloqueiro ímoslle  cortas as alas dende arriba”; pois, polo visto, non soubo captar a “indirecta”  ¿haberá que mandarlle unha cabeza de cabalo como na película “O Padriño”?; agora
soamente quédanos rezar polo noso “amigo” Benitiño; estou por falar, mañá mesmo, con don Jose, o párroco, e deixar pagadas unhas misas pola súa pronta absolución; e aínda diría  mais, ocorréseme que se podería organizar unha canción benéfica tipo  “we are the world” para recadar fondos para pagarlle os avogados: Luís Aragunde podería cantar, que
din que se lle dan moi ben as saetas, a deputada Rosa Oubiña  acompañaría bailando a danza do ventre que para iso está, para “lucir palmito”  e Benito Leiro e Fulares poderían tocar a gaita (ao fin e ao cabo é o que fan tódolos días, pagados  polos cambadeses, que non é outra cousa que   “tocarse a gaita”).    

    Non foi un bo ano, este 2014 que está a punto de rematar para “Benitiño”; primeiro perde as eleccións da confraría fronte a un grupo de “sinverjuensas”, non podendo renovar dese modo o seu cargo de patrón maior e agora esta causa xudicial ¡pobre home! Que lonxe parecen quedar aqueles días de viños e rosas nos que viamos a
Benitiño encabezando, xunto ao resto das autoridades, as procesións do pobo ou a beira da conselleira de pesca e do presidente da Xunta en calquera acto erotico-gastronómico-
festivo, nunca o varón... ¡que digo  varón! ¡o machote cambades! estivo tan ben representado: ¡esa porte, ese donaire, en definitiva,  ese “estilaso! ¡non lle envexa nada a George Clooney!. 
      Durante o mandato de Benitiño, xurdiron moitas “lendas urbanas”  como a de  churruscadas e “gin- tonics” a conta da tarxeta da confraría ou atoparse o coche (tamén de
confraría) coma quen se atopa a “moza da curva”, pero neste caso na recta da Goulla a horas intempestivas. ¡que mala é a xente! ¿verdade Benitiño?  
      Finalmente só quédame  preguntarlle a Benitiño onde están agora eses que parecían tan “amigos” cando se cría  o “rei do mambo” o
polos cales foi un autentico traidor á xente do mar e, particularmente, aos mariñeiros do cerco;  O dia que teñas que ir a declarar ante o xuíz leva o carné  do PP entre os dentes, quen sabe, o mellor pensas que   váleche de algo.                  
 
    Un saúdo a todos.
      
                 RICARDO DOMINGUEZ REY 





fOTOS: dIARIO DE aROUSA, fARO DE VIGO, Cores de Cambados, e A TI MEU CAMBADOS.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI   

Ningún comentario: