19 de dec. de 2014

MUNICIPAIS 2015: FÁTIMA ABAL ROMA, VOCEIRA SOCIALISTA. PRIMEIRA CANDIDATA Á ALCALDÍA DE CAMBADOS

Na xeira de artigos adicados ás vindeiras eleicións municipais é para min unha honra presentar, por si todavía hai alguén que non a coñece, a Fátima Abal Roma. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago, actual Portavoz da Agrupación Socialista de Cambados, Concelleira,  nai de familia,  e
unha boa persona, eso naide o pode por en tela de xuízo. Traballadora, recta nas súas tarefas de control do Goberno Municipal, colaboradora, amiga dos seus amigos e primeira aspirante oficial á Alcaldía de Cambados. 

A cualidade que máis destaca na súa personalidade é o seu carácter irreductible. Nunha vila coma a nosa onde a dereita
leva gobernando  (agás unha lexislatura) poñendo en práctica comportamentos exóticos para manterse no poder a calquera precio, Abal supón un cambio neste xeito de facer política. O menor xesto de simpatía cos veciños a desarma, a inxustiza logra sublevala, ten ese realismo candoroso da primeira xuventude que non atura o groseiro xeito de levar  a nosa vila da dereita.
No intre no que escribo estas liñas  tiven a miña “dose de realidade” a pesares de ser fin de semana lendo nun xornal
a un dos “popes” do PP do Salnés: que “eles” non teñen nada que ver cos recortes, que aquí se vota a personas, e que ata o Cura da súa parroquia  publicita os seus actos. Estache boa a navalla: que son unha secta dentro de certa estructura formal é notorio. Fátima é conscente de que tales expresións son unha cortina de fume para non aceptar a súa responsabilidade coma membros desa organización. Hai unha diferencia moi grande entre o actual Alcalde Luis
Aragunde e a candidata do PSOE por Cambados: a hipocresía que o primeiro amosa cando ten os bemoles de dicir coma o seu compadre de Vilanova que él non comparte moitas cousas de Rajoy, que Cambados non ten nada que ver coas políticas de austericidio que desde Madrid se dictan. Abal non ten reparo en afirmar á fidelidade ás súas siglas,   ten unhas ideas, uns principios,  e unha liña de actuación coherente coa do seu partido, e non fuxe da pelexa política, ao contrario: no cara a cara non ten problema algún en debater con naide, aínda menos con Luis que polo que parece se avergonza dos recortes do seu partido e que estamos a padecer sin misericordia os
Cambadeses, haber quen di que non. Unha das consignas que chegan desde Vicepresidencia da Xunta polo Secretario do Concello de Cambados  en excedencia, Alberto Rueda, é que hai que enfatizar que nós, o PP de Galicia  non somos Rajoy, Wert, Ana Mato, Fernández Díaz, Montoro e De Guindos”. Certo: sodes piores porén o problema é de quen fía, e sodes vós. Os recortes de Rajoy están aquí con Luis Aragunde (con nós). Recortes en Sanidade segundo a candidata socialista é ter un Centro de Saúde onde hai médicos que teñen que atender en 8 horas a 300 pacientes,
onde as enfermeiras levan as tiritas e o esparadrapo “contado”, onde non hai un servizo de pediatría de Urxencias, onde hai un aparato de raios X e non hai cartos para pagar a un Radiólogo. O único que fixeron foi por unha caldeira en 6 anos: para “caldeirada” a deles. Recortes en Educación é ter un Colexio 3 anos esperando unha remodelación onde hai pais que teñen que facer fronte a unha factura de “agárrate que veñen curvas” e outros non porque “non cumpren os
requisitos”. E para máis INRI a propia candidata do PSOE Cambadés ten que sufrir os ataques dalgún pai - simpatizante do PP de Cambados por estar nunha reunión de pais e mestres: que si coma nai pide aclaracións, “politiza” a cuestión. Pos  estamos ben: se  unha nai,  digo eu, deixa aos seus fillos á intemperie e o permite sin dicir nada,  é que non ten corazón,  nin é  nai. Recortes en Economía: o comprobas cando colles un taxi (os taxistas de Cambados non teñen axudas de ninguna clase e coñecen
millor que naide que esta é unha vila onde só hai traballo real 3 meses ao ano), cando tratas coa xente, cos funcionarios que ollan coma os enchufados e pelotas que non aprobaron unha oposición en toda a súa vida se pasean fachendososos  coma se o pobo non soubera por qué están aí, cando hai outros millor preparados e que teñen dignidade (cuestión da que en secreto se avergonzan, por certo),  o que da lugar a falsas lealdades e conflictos. Abal sabe coma funciona este
Concello, non en vano un día sí e outro tamén alí está por encomenda dos veciños supervisando ata onde lle deixan este querer e non poder, sufrindo todo tipo de trabas, tantas que ata os propios  Xuíces tiveron que mirar por ela,   comprobando de “motu propio” que non se traballa por obxectivos senón por cumplir un horario laboral disparatado, con dúas horas de non facer nada. Por mediocres que señan están baixo a protección do político de turno e non
lles gusta rendir contas, e menos a unha muller. Fátima só escoita cousas como “Imos Fasendo”, “Que fai ésta aquí”, “E esto o fago por que me peta ”. Non hai unha educación no esforzo, na excelencia, seguimos en Cambados coa Cultura do pelotazo, a picaresca, os enchufes, e todo inflúe porque a mensaxe que se lanza  aos veciños do que hai que facer para gañarse a vida na nosa vila é o seguinte:  Queres que te axudemos? Vótanos ou faite do Partido (debe ser no único que non minten). Recortes na Xustiza
tamén  coas tasas xudiciais do Sr. Gallardón que aínda que xa non ten “carteira” xa nos roubou a nósa antes de marchar, poñendo un muro e cantidade de trabas para que calquera persona física, calquera veciño, poda defenderse en igualdade de condicións que outro que teña “posibles”, porén si perdes,  as costas valas pagar tí. Eso é indefensión, unha quebra do sistema democrático amparada por Luis Aragunde que se pavonea de que non se tocou a demarcación territorial: sí, ata que pasen as eleicións. Xa non cren neles nen os seus propios votantes de toda a vida porque teñen memoria e saben que predicaron unha cousa
e están a facer outra. Coma son masoquista, tiven a paciencia de escoitar por TV á compañeira de partido de Luis Aragunde, Esperanza Aguirre, dicir que o PP ten 4 principios irrenunciables: a libertade, a vida, o libre mercado e o Imperio da Lei. De risa escoitar tal cousa ollando coma está Cambados. Os recortes están grabados a lume na fronte de todos e cada un de nós, agás na deles, que viven a todo trapo namentras o pobo mira para eles. A candidata do PSOE por Cambados está con todos e cada un dos veciños, ten esa cercanía e proximidade  que disque eran as señas de identidade do presunto a día de hoxe, candidato popular.
Son prácticamente tódolos pilares do Estado do Benestar
que construíu en grande parte o proxecto Socialista do que Fátima Abal forma parte os que esta xentiña está a levar por diante, todo coa excusa de salvar España e salvar Cambados. Aí están os números que non minten: 1500 parados inscritos no INEM  (en realidade son máis) cando fai un decenio había coma moito 800.  Cáritas Interparroquial de Arousa cuns datos da nosa
vila sobrecolledores, de ata que punto familias enteiras están nas últimas, e tanto Rajoy coma Luis soltan “Que xa estamos saíndo desta”, “Que o ratio por poboación reflicte que non estamos tan mal”, “Que é necesario este esforzo por parte de todos”; será do noso, porén o deles está millor cuberto que a Piscina Municipal.

Ten graza tamén agora a 6 meses das eleicións baixe o Sr.
Alcalde segundo Fátima Abal a se unir ás protestas do sector do  mar, cando está a Ría feita un asco, onde as mariscadoras arrastran o corpo un día sí e outro tamén para coller catro patacóns e leven por riba o beneficio os intermediarios, que votan a quen todos  sabemos. Os mariñeiros que ollan as redes cada vez máis valeiras pola falla de saneamento e polas decisións tomadas desde Bruselas por xente afín ao Partido popular. Na época de Franco lle preguntaban con motivo da creación dos Plans
industriais do País Vasco e Cataluña: “Qué facemos cos Galegos, Xeneralísimo”: “Pos que vaian ao mar”, e o tipo ese disque  era de aquí, coma Rajoy e Aragunde. Nin eso nos queda agora, os restos. Porque por non haber non hai nin actividade Industrial, por moito Polígono das Sete Pías onde invertiron un pastizal para que agora debullen por alí catro ratas. 

Capítulo aparte o do Comercio, que paga os pratos rotos
desta desfeita. Agora que chega o Nadal moitas luces, moitas fotos e moita leria para telos contentos,  pero os comerciantes non son parvos, non comen “plástico” nin lle dan diso de  comer aos seus fillos. Aínda onte falando cunha moza que traballa na Praza de Abastos  relataba como non se vende nen a metade de antes, as penurias que hai que pasar para levar un soldo digno á casiña. Non digo que estea mal a construcción dun novo recinto, pero namentras a xente non teña chica, nin camaróns, nin fanecas, n¡n gaitas de fol se vai vender.
Fátima Abal xa tivo encontros co Sector e coñece de primeira man o que están a padecer, porén lle toca preto coma a cáseque todos nos, na familia, e sabe perfectamente que si nunha caixa metes por unha banda unha cousa e sen que naide te olle a quitas pola outra, no interior non hai nada, aire en todo caso. Moito botafumeiro leva Aragunde, incienso, se bota moito incienso por riba cando en 4 anos non fixo apenas nada.

Namentras sigamos así segundo reflicte Fátima Abal non imos a ningures: fai falla un cambio no modo de xestionar o inmenso valor e patrimonio que posúe Cambados para que teña os resultados que os veciños merecen, non unha vila anquilosada no pasado onde hai moita pedra e moito hormigón pero non hai posibilidades de crecimento,  por estar baseadas estas obras nun afán estético  que non soluciona os problemas de verdade que  son o desemprego e a falta de recursos. “A Agrupación Socialista de Cambados estamos en condicións de afrontar ese reto e lanzamos  unha candidatura aberta e renovada, con caras novas, con novas propostas, ideas,  e que de ningún xeito vai permitir que se repitan erros do pasado. Temos ganas de traballar, de defender, de loitar, de conseguir e de gana.
Un artigo de OSCAR MANUEL NUÑEZ.










FOTOS: CAMBADOS TK, DIARIO DE AROUSA, LA VOZ DE GALICIA, FARO DE VIGO E A TI MEU CAMBADOS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI 

Ningún comentario: