HOXE GRANDE FESTA PARA REMEMORAR OS ANOS OITENTA.
Hoxe a Discoteca Zao está de
aniversario, cumpre nada mais e nada menos que 30 anos de vida, 30 anos de música, 30 anos de concertos, 30 anos
de diversión, 30 anos en definitiva de vida e movida para Cambados. Os que xa peiteamos canas e coñeciamos as nosas mozas na discoteca BeyLu sita na Avda de Vilagarcía, vimos como
nacía esta discoteca no centro de Cambados, que pouco a pouco foille comendo terreo a toda poderosa Beylu que rematou por desaparecer. Zao e historia viva de Cambados, e os que fomos de Unha Grande Chea témoslle moito que agradecer, alí viviuse unha das festas mais fermosas da nosa vila e que aínda hoxe a
lembra moita xente e non foi outra que a “Festa Beatles", onde as gaitas por unha vez na vida fusionáronse coa música dos de Liverpool, algo incrible.

Hoxe, vai a haber unha gran festa en Zao e a discoteca anima a todo o mundo que poña e se ornamente con motivos dos anos 80,
e a partir da unha da maña un grupo que se denomina M80 ambientaranos nesa música.

Grazas a Tito, Pepe, Moncho e Paco por facerlle pasar as diversas mocidades de Cambados tantos noites alegres e sobre todo porque grazas a eles Cambados viviu durante moitos anos o que se deu en chamar a “Movida Cambadesa” sendo Zao o sol que lle dou vida vida aos outros negocios e que hoxe en día pola puta crise está de capa caída, pero sabemos que a xente que leva Zao levantouse e caeu moitas veces e estamos seguro s de que poden volver a levantar a chamada “movida cambadesa”. Parabéns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario