20 de dec. de 2014

PP: O MAIOR PERIGO PARA OS SECTORES PRODUTIVOS GALEGOS

Carmen Fraga, Rajoy, Pelea e Aragunde
SEGUNDO BNG, NO PP SOBRA HIPOCRESIA.
Que pouco lle costa ao PP  dicir que si nun ano electoral. Onte tivemos  a ocasión de comprobalo no pleno de Cambados cando tratamos a moción “de apoio á correcta etiquetaxe do mexillón transformado”. Tratábase dunha moción
levada a pleno polos tres grupos políticos  e o que realmente se buscaba é que na etiquetaxe do mexillón transformado ou en conserva, apareza a procedencia deste, e  poida comprobarse que foi cultivado nas nosas augas.
Carmen Fraga (PP)
Por suposto que todos estivemos dacordo, pois trátase dunha cuestión de sentido común imprescindible para este sector produtivo galego xa que a calidade do noso produto  está  perfectamente consolida e non podemos permitir que peor produto, procedente doutros países, sexa transformado aquí e etiquetado como orixinal das nosas augas. Isto sería un fraude para o consumidor pero sobre todo unha competencia desleal ao noso mexillón de calidade, o que tería consecuencias catastróficas para o sector produtivo do mexillón galego. Por iso foi normal que a moción fora apoiada polos tres grupos políticos pois doutro xeito se lle estaría dando as costas a este importante sector económico galego.


Rajoy flanqueado por Carmen Fraga e
Benito Pelea.
O que xa non é normal, foi o que pasou no pleno de outubro de 2012, cando o BNG presentou a moción “para a etiquetaxe obrigatoria dos produtos galegos do mar para a conserva ou transformación”, e os de Aragunde votaron en contra do que agora votan a favor; por suposto non estabamos en ano electoral. Naquel momento o BNG xa tentou impedir, no Parlamento Europeo, a iniciativa do PP para tratar de introducir no documento de “Organización Común de
Mercado dos productos da pesca e acuicultura” que non se debería esixir a inclusión obrigatoria nas etiquetaxes da procedencia dos produtos do mar. O máis indignante é que a ocorrencia de non incluír a procedencia do produto na etiquetaxe, partiu dunha  emenda  presentada pola Eurodeputada Carmen Fraga, do PP,  defendendo escuros intereses empresariais e dando á vez a “puntilla” ao sector marisqueiro galego. Como se pode comprobar, os
representantes do PP son o maior inimigo para os sectores produtivos galegos e se xa resulta duro competir nos mercados internacionais, non existe maior dureza que estar gobernado polo PP.
No PP sobra hipocresía, e xa temos sobradamente comprobado como un día din unha cousa e ao dia seguinte din o contrario, sen ruborizarse (xa están acostumados). A lección que debemos sacar deste asunto é que nunha democracia non resulta obrigatorio estar gobernado polo PP.
Víctor Caamaño Rivas (Portavoz Municipal do BNG)









FOTOS: A VOZ DE GALICIA E A TI MEU CAMBADOS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI 

Ningún comentario: