15 de dec. de 2014

HOXE NON ESTÁ CHOVENDO EN CAMBADOS, ¡CHORA O CEO!.

UNHA GRAN PERDA , FALECE BENI MONTERO ARAGUNDE, MESTRE E ARTISTA CAMBADÉS.
Hoxe os cambadeses  somos participes dunha triste nova. O mestre e artista cambadés  Benito Montero Aragunde
deixounos fisicamente para sempre. Benito  era un rapaz marabilloso, e xúrovos que non é típico tópico que se di cando morre unha persoa,  é a verdade e delo poden dar fe os que o coñecían persoalmente. Benito Montero  que fixera os seus estudos de Bacharelato no Ramón Cabanillas época na que militou no Xuven , fixo
e rematou maxisterio outra das súas grandes paixóns. Pero a Beni víñalle dende o berce a súa afección a fotografía e a pintura con "carboncillo". Facía verdadeiras marabillas e montaxes artísticas coas fotografías da nosa vila. Beni déixanos aos 34 anos, pero déixanos a súa
obra tanto en locais como en casas particulares, as cales expuxera en varios establecementos da nosa vila e mesmo non fai moito no Pazo de Torrado. Tamén nos deixa a súa obra na rede,  os seus cadros, as súas fotos, os seus gravados, todo nunha paxina de arte da que era titular.
Tres frases eran as preferidas de Benito: “É mellor viaxar cheo de esperanza que chegar”, “Un amigo é un que o sabe todo de ti e a pesar delo, quérete” e sobre todo esta que nos impresiona hoxe: “A vida non se fixo para comprendela, senón para vivila”.
Tamén tiña outra frase moi simpática Beni,  que dicía: “Un bo cambadés, para quedar ben, di que vota polos tres”. Unha gran realidade que colgou nun grupo de facebook que se chama “Ti non es de Cambados si….”, 
Hoxe falando cunha amiga súa díxonos algo marabilloso de Beni: “Hoxe non está chovendo: Está chorando o ceo”. 
Non queremos entrar en aspectos persoais pero Beni acababa de ser pai non fai moito , el mesmo o publicara no seu facebook, sendo a derradeira entrada do mesmo o pasado 6 de Decembro desexándolle Bo Nadal a todos os seus amigos.
O noso mais sentido pésame a súa desconsolada familia por perda tan irreparábel. D.E.P.


Fotos: Facebook.


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI


Ningún comentario: