13 de dec. de 2014

O PARTIDO POPULAR DE LUIS ARAGUNDE, REXEITA TODAS AS ENMENDAS SOCIALISTAS NAS CONTAS XERAIS DE 2015 PARA CAMBADOS

XSG CAMBADOS: “O PP QUERE LEVARNOS AO SÉCULO XIX, NON SÓ IDEOLOXICAMENTE, SENÓN TAMÉN MANTENDO AS INFRAESTRUTURAS DESE PERÍODO”
Aprobados os Orzamentos Xerais de 2015 no Senado.
O PSOE insiste en denunciar o “abandono” do Goberno á
Angeles Marra
localidade de Cambados trala aprobación do PGE 2015.
Angeles  Marra subliña que os socialistas presentaron na Cámara Alta ao redor de 100 enmendas para a provincia de Pontevedra, cun investimento global de 72,07 millóns de euros

A senadora pontevedresa recrimina ao PP
que rexeite as enmendas socialistas referidas á construción do cuartel da Garda Civil, á necesidade de substituír a cuberta da Piscina Municipal e de acometer o saneamiento da parroquia de Castrelo 

O Grupo Socialista, a través da senadora pontevedresa,
Angeles Marra, insistiu en denunciar o “abandono” do Goberno á localidade de Cambados trala aprobación na Cámara Alta do proxecto de Lei de Orzamentos Xerais de 2015.

Marra subliñou que os socialistas presentaron na Cámara
Alta ao redor de 100 enmendas para a provincia de Pontevedra, cun investimento global de 72,07 millóns de euros. 

A parlamentaria do PSOE criticou que o Partido Popular rexeite todas as enmendas socialistas nas contas xerais de 2015 para Cambados. Neste sentido, puntualizou que o Goberno de Mariano Rajoy rexeitou investir un total de 1,7
millóns de euros na localidade de Cambados nas que, ao seu xuízo, son “unhas actuacións prioritarias e urxentes para este municipio”. 

Marra lamentou que os senadores do PP por Pontevedra perdan unha gran
oportunidade para apostar por Cambados, ao rexeitar as enmendas socialistas abandonando a este municipio e aos seus cidadáns nos Orzamentos Xerais de 2015. 

Marra referiuse a este “abandono” da Administración Central e centrouno, concretamente, en tres
cuestións prioritarias para Cambados como a construción do cuartel da Garda Civil, a necesidade de substituír a cuberta da Piscina Municipal e de acometer o saneamiento da parroquia de Castrelo.

En primeiro lugar, a senadora pontevedresa reprochou ao PP que rexeite a enmenda socialista de 500.000 euros para a construción do novo cuartel da Garda Civil de Cambados, “unha actuación prioritaria ante o estado de deterioro no que se atopa o actual cuartel con graves problemas de construción e espazos que impiden o bo desenvolvemento da súa actividade”.

Igualmente, recriminou ao Grupo Popular no Senado que rexeitase o investimento de 200.000 euros para a sustitución da cuberta da piscina municipal nun estado ruinoso ante o nulo compromiso do Concello, Xunta de Galicia e do Goberno Central de aportar fondos para o seu reparación. Así mesmo, reprobou ao PP que non aceptase a enmenda socialista para dotar de saneamiento á parroquia de Castrelo cun investimento de 300.000 euros, “un servizo básico que permite mellorar a calidade de vida das parroquias, equiparando os servizos dos que dispón o medio rural cos das zonas urbanas”.

Pola súa banda, a portavoz do PSOE no Concello de Cambados, Fátima Abal, tamén denunciou a situación de marginación á que o Goberno de Rajoy somete ao municipio, unha situación da que o alcalde, Luís Aragunde, é o responsable directo. 
Neste sentido, Abal criticou a falta de compromiso real e efectiva do actual alcalde coa construción dun novo cuartel da Garda Civil en Cambados, un investimento que segundo Fátima Abal, “o Partido Popular non a quere facer, pois non quixo cando ou anterior goberno ou orzamentou e non quere agora ao non aceptar as emendas presentadas ano tras ano polo PSO”. 

Ademais, Fátima Abal, lamentou que os populares non aceptasen a enmenda socialista para reparar a cuberta municipal da piscina que se está caendo “a anacos” e asegurou que se trata dunha obra “fundamental para evitar que ou Concello asuma unhas facturas de enerxía elevadísimas, ademais de garantir a viablidade do complexo do Pombal para ou futuro”.

Para rematar, Abal recriminou ao alcalde Aragunde que é “incapaz” de defender ao Concello de Cambados ante o seu propio partido e reafírmase en que debe dar explicacións de por que non quere que Cambados conte cun novo Cuartel da Garda Civil, que se invista medio millón de euros no saneamiento do municipio e que o Estado asuma a reparación da cuberta da piscina municipal, obra que se atopa paralizada ante a negativa do Goberno de Xunta de Feijoo de aportar fondos.

XSG CAMBADOS: “O PP QUERE LEVARNOS AO SÉCULO XIX, NON SÓ IDEOLOXICAMENTE, SENÓN TAMÉN MANTENDO AS INFRAESTRUTURAS DESE PERÍODO”
Ismael Agra reclamou un servizo público de ferrocarís que responda as necesidades dos mozas e mozos galegos, en especial os cambadeses, e que non poña en risco a súa seguridade nin que os trate como se de mercadorías se tratase

Ademais instou á titular de Fomento a deixar de desfacerse
de servizos públicos e comezar a traballar pola súa mellora e ao presidente da Xunta a tomar cartas no asunto e esixir coa mesma contundencia que cando gobernaba o PSOE

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) denunciaron hoxe a lamentable situación do servizo de trens rexionais que conectan Santiago de Compostela con Vigo, A Coruña e
Ourense; en especial de modo que “centos de universitarias e universitarios vense na obriga de viaxar sen asento e cos pasillos bloqueados polas maletas, o cal pode resultar máis propio do transporte de gando que de persoas”.

“Os estudantes galegos, tamén os cambadeses, deberían poder viaxar en transporte público con total seguridade”, afirmou Ismael Agra. “Ademais as conexións de transporte
público da nosa vila coas cidades galegas son pésimas, froito da nefasta política en mobilidade do Partido Popular”, engadiu. 

O secretario xeral das XSG Cambads, Ismael Agra, destacou que “o Partido Popular está demasiado obcecado con recuperar o seu glorioso século XIX, non só ideoloxicamente, senón que pretenden manter a Galicia coas mesmas infraestruturas daquel século”. Tamén
recalcou a necesidade “dun servizo público de ferrocarís que responda ás necesidades das mozas e mozos galegos, que non poña en risco a súa seguridade nin que os trate como se de mercadorías se tratase”. Dese modo instou á responsable de Fomento, Ana Pastor, “a aumentar inmediatamente a frecuencia de ferrocarrís nas fins de semana”, por ser cando se producen as criticadas aglomeracións.

O líder da organización socialista puxo en cuestión a privatización do sector ferroviario, lembrándolle á ministra de Fomento que “a mobilidade das persoas tamén é un dereito fundamental que se debe garantir, máis se cabe nas rexións nas que esta se ve dificultada polas complexidades xeográficas”. Porén, instaron á titular deste departamento a “deixar de desfacerse de servizos públicos e empezar a traballar pola súa mellora”.

Do mesmo xeito, Agra censurou que “milleiros de millóns de euros de inversión pública vaian ser agora aproveitados por
unha empresa privada, o cal é un reflexo do modelo de goberno do Partido Popular: pagar entre toda a cidadanía os custos que ningunha sociedade privada quere asumir”.

Dende a organización xuvenil tamén criticaron “a pasividade do goberno de Núñez Feijoo á hora de reclamar un servizo de cercanías entre as cidades galegas, feito que facilitaría as comunicacións entre galegas e galegos. Esiximos ao presidente da Xunta que deixe os seus intereses partidistas e defenda o interese xeral dos galegos e galegas.” Concluíu afirmando sobre Feijoo que “ben que se presentaba como o maior defensor da patria de Galicia cando gobernaba o Partido Socialista no goberno central.”
Fotos: Diario de Arousa, Paxinas Galegas, Senado, Cambados TK, A TI MEU CAMBADOS.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: