13 de dec. de 2014

OPINIÓN: OS COLECTIVOS VECIÑAIS.

UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA
Os colectivos veciñais ou asociación de veciños, sempre xogaron un papel importante na defensa dos intereses dos seus conveciños. No noso concello
na década dos 80/90, creo que todas as parroquias dispoñían dunha organización deste tipo, as cales facían de
correa de transmisión entre os veciños e as administracións mais próximas.
Algunhas destas asociacións perduran no tempo, con veciños implicados nas súas actividades, e cargadas de actividades culturais. Outras no foron capaces de resistir a vida veciñal, e
mesmo en varias parroquias foron constituídas varias asociacións con intereses diversos e contraditorios. A falta de apoio municipal, a falta de recursos, e mesmo a falta de resultados na xestión, fixeron que moitas abandonaran ou fracasaran no seu intento de buscar o ben xeral para os veciños.
Algunhas foron un verdadeiro dor de cabeza para os
equipos de goberno do concello, pois as súas demandas e esixencias poñían en vilo os alcaldes e concelleiros.
A certas políticas estes organismos lles resultaba incómodos, e procuraban sempre introducir elementos controladores capaces de amordazar e mesmo de destruír a convivencia interna, con tal de non molestar o político de quenda.
Si esta claro que as asociacións de veciños son necesarias, e mesmo son necesarias para que os veciños poidan ter voz e voto mais ala das campañas electorais.
UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: