26 de dec. de 2014

I SAN SILVESTRE SOLIDARIA ORGANIZADA POLO CLUBE ATLETISMO CAMBADOS

O VINDEIRO 31 DE DECEMBRO AS 17.30 H. 
O Club Atletismo Cambados organizara este ano a I San Silvestre Solidaria e
convidavos a todos a despedir o ano nun ambiente festivo e deportivo colaborando cos mais necesitados.

As carreiras para as categorías inferiores (Chupete, Mini e Promesa San Silvestre) terán lugar a partires das 16:40 polo
paseo maritimo de Santo Tome. A saída da proba absoluta será ás 17:30 horas, unha vez finalizada a carreira das categorías inferiores.

- Na Chupete San Silvestre poderán competir os nad@s entre o 2007 e o 2010.

- Na Mini San Silvestre poderán competir os nad@s entre 2004 e o 2006.

- Na Promesa San Silvestre poderán competir os nad@s entre 2001 eo 2003.

- Na San Silvestre absoluta competirán os nad@s a partires do 2000.

Moita sorte a tod@s!

Mais información na web: http://atletismocambados.wix.com/sansilvestrecambados

INSCRIPCIONS
Faranse no correo electrónico atletismocambados@gmail.com ata o martes 30 de decembro de 2014  as 24:00 h. e no mesmo dia da proba de
15:30 ata as 17:00 h. no lugar de saida.

A inscrición sera GRATUITA ainda que non se podera retiralo dorsal sen aportar 1 KG DE CALQUER ALIMENTO NON PERECEDOIRO, que serán doados a Cáritas de Cambados.

Para animar aos participantes e público en xeral da San Silvestre Solidaria do 31 de Decembro contaran coa monitora de zumba Maria Casal

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI


Ningún comentario: