27 de dec. de 2014

MOITA SORTE BLAS

Blas Charlin (Foto: Emilio Moldes)
O ADESTRADOR CAMBADÉS BLAS CHARLÍN MÁRCHASE AO FÚTBOL ANGOLEÑO
Blas Charlín inicia unha nova etapa deportiva e profesional nos banquiños. Aos seus 35 anos, o cambadés fai as
maletas para incorporarse a un importante club de Angola que disputará a copa Confederación da CAF. Márchase en calidade de segundo adestrador. O cambadés asinará o contrato o día 3 en Portugal, onde se unirá ao equipo
angoleño para iniciar a pretemporada.
Blas Charlín estivo realizando os labores de adestrador os últimos anos no Pontevedra, tanto nos equipos de canteira como no filial os últimos meses. Fai un ano desprazouse a Melgaço como técnico dun combinado granate integrado por numerosos xogadores do filial para disputar un amistoso co que
agora pasará a ser o seu novo club. Foi entón cando fixo os contactos, sobre todo cun fisioterapeuta do club, un portugués moi ligado a Galicia ao estar casado en Mos.
Tras unhas últimas experiencias erradas con axudantes lusos, o adestrador deste equipo de Luanda quería rodearse esta tempada de técnicos españois ou italianos. Foi fai varias semanas cando a Charlín avisáronlle para que enviase a súa currículum, que finalmente foi o seleccionado de entre oito candidatos.
Na capital de Angola o adestrador arousano gozará dunha
experiencia inesquecible, que lle serve ademais para iniciarse no fútbol profesional. Durante os últimos días comezou a realizar as xestións do visado e tamén se puxo as vacunas obligatorias (febre amarela) e recomendadas para os viaxeiros que visitan Angola.
O acordo plasmarase cunha firma a próxima semana xa en Melgaço, onde este club fundado por portugueses volverá realizar a pretemporada ata mediados de febreiro. Blas Charlín estará ligado a este equipo unha tempada (a liga arrinca en marzo e termina en novembro de 2015).
Tanto a nivel económico como deportivo representa un salto cualitativo moi importante, por iso é polo que o mozo arousano non o pensou demasiado para dar o paso. Agora xa só falta plasmar os acordos por escrito.
O club, que está en pleno crecemento e acaba de inaugurar unha nova cidade deportiva, proporciónalle aloxamento e ofrécelle todas as facilidades para desenvolver as súas tarefas. Blas Charlín exportará a metodoloxía de traballo e a visión do fútbol de España ao país africano para que o primeiro adestrador poida nutrirse de todos estes coñecementos.
Na liga angoleña, coñecida como a Girabola, compiten 16 equipos profesionais. Mentres que a Copa Confederación da CAF, que tamén vai disputar o cambadés, é un torneo continental que se asemella á Uefa Europa League.
TRALOS PASOS DE "PACHO"
Blas Charlín será o segundo adestrador cambadés nos últimos anos que cambia de continente para emprender unha nova experiencia profesional. O pionero foi Anxo Oliveira, agora no Sanxenxo, que en 2012 marchouse ao A o-Ittihad de Arabia Saudita xuntou a Raúl Caneda para dirixir ao equipo sub 23 do club.
NOVA RECOLLIDA INTEGRAMENTE DE DIARIO DE AROUSA
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: