28 de dec. de 2014

MENTRES AOS CAMBADESES NOS VAI DE PENA, LUIS ARAGUNDE COMPRA A CASA DAS CUNCHAS.

A TRANSACCIÓN COA FAMILIA OTERO VAI PRETO DE DOUS MILLÓNS DE EUROS.
Mentres que en Cambados hai mais parados e mais pobreza a Luis Aragunde, Alcalde da nosa vila cada vez vaille mellor, e hoxe mesmo un dos nosos “enlaces” no
Concello de Cambados acabanos de participar que a principios do mes de novembro Luis Aragunde formalizou a compra coa Familia Otero, anterior propietaria do edificio,    da famasa Casa das Counchas sita na Praza do Rollo de Cambados, Luis Aragunde pagou a esta familia a nada despreciable suma de DOUS MILLÓNS de euros. Di o noso confidente que Aragunde mercou a casa nese lugar porque lle queda preto da casa dos seus familiares mais achegados e mais do concello e
así xa non terá que usar o coche para ir o seu despacho, e poderá ir andando.
A Casa dás Cunchas, nom, é un edificio dos que forman parte do legado histórico da localidade de Cambados, un dos seus principais puntos turísticos.
O edificio foi levantado no século XIX, e na súa construción pódense destacar varios elementos pertencentes a un estilo neobarroco, combinados coas cunchas de vieira que
podemos ver nas súas paredes, que a caracterizan e que lle dan nome. Outra das súas características son as súas sillares de pedra. A edificación levouse a cabo no mesmo emprazamento no que outrora había unha casa hidalga, que databa de principios do século XVIII.
A Casa das Cunchas atópase xusto detrás do maxestuoso edificio do Pazo dos Fajardo. Trátase dunha construción que noutros tempos pasados era usada polos pescadores do municipio, de aí a bonita e curiosa decoración xa mencionada da súa fachada con cunchas de
vieira, unha pequena homenaxe ao mar, tan importante para a localidade de Cambados.
É unha casa da cal non poder negar que posúe un encanto especial, na cal destaca a bonita balconada central do edificio, con dúas grandes portas que saen á mesma.
No edificio podemos contemplar tamén unha torre que se atopa anexada á parte lateral esquerda do edificio, na que hai tres niveles ou plantas, con senllas fiestras en cada unha delas. Todas estas fiestras están forxadas en ferro.
Para o noso Alcalde os cambadeses somos cada vez mais inocentes.
FOTOS E PARTE DO TESTO RECOLLIDAS DE
http://www.cambados.com/la-casa-das-cunchas-una-decoracion-hecha-con-vieiras/
http://galiciapuebloapueblo.blogspot.com.es/2013/05/cambados.html
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: