OS TRES BLOGS MAIS REPRESENTATIVOS DE CAMBADOS, PARTICIPARON CON TRES GRANDES INOCENTADAS, A CADA CAL MELLOR.
Os tres blogs mais representantivos de Cambados, “Alza la Voz Cambados”, “Cores de Cambados” e “A Ti Meu Cambados”, onte festexaron con cada súa inocentada e a cada mal mellor o día dos Santos Inocentes e abofé que alguns cairon.
Así o primeiro dos citados titulaba:
“Alza a voz Cambados recibe o premio “Folla de prata con
albariña de ouro” á comunicación” e a nova dicia:
albariña de ouro” á comunicación” e a nova dicia:
“Hoxe responsables do Concello de Cambados puxéronse en contacto con esta web para comunicarnos que se nos outorgará o premio ?Folla de prata con albariña de ouro?. Desde este portal queremos agradecer ao Alcalde da localidade, Luís Aragunde que sempre facilitou o noso labor informativo. e, por suposto, que nos concedeu este premio que tamén é, en parte, de todos os nosos lectores así que?. ¡grazas! Si quereis ver o resto de candidaturas deixámosvos en enlace da web oficial dos premios:WEB OFICIAL”
Pola súa parte Cores de Cambados saia cunha inocentada deportiva que titulaban
“YAGO CASAL DEIXA O XUVEN”
E a nova dicia:
“A bomba informativa producíase esta noite ao remate do partido entre o Xuven e o Guadalajara que rematou con victoria local.
Yago Casal presentaba a sua demisión a directiva cambadesa. Aínda que os motivos non foron expostos, mañán luns ofrecerá unha rolda de prensa para falar do tema, a ninguén se lle escapa que as últimas semáns cheas de tensión poden ter moito que ver. A pesares das 5 victorias acadadas de forma consecutiva e que facían esquecer eses momentos, algo debeu influir na decisión de Yago Casal. A rolda de prensa despexará as dudas que poida haber.”
Pola súa banda este blog adicaballe a inocentada a Luis Aragunde e titualaba:
“MENTRES AOS CAMBADESES NOS VAI DE PENA, LUIS ARAGUNDE COMPRA A CASA DAS CUNCHAS. A TRANSACCIÓN COA FAMILIA OTERO VAI PRETO DE DOUS MILLÓNS DE EUROS.”
E a nova dicia:
“Mentres que en Cambados hai mais parados e mais
pobreza a Luis Aragunde, Alcalde da nosa vila cada vez vaille mellor, e hoxe mesmo un dos nosos “enlaces” no
pobreza a Luis Aragunde, Alcalde da nosa vila cada vez vaille mellor, e hoxe mesmo un dos nosos “enlaces” no
Concello de Cambados acabanos de participar que a principios do mes de novembro Luis Aragunde formalizou a compra coa Familia Otero, anterior propietaria do edificio, da famasa Casa das Counchas sita na Praza do Rollo de Cambados, Luis Aragunde pagou a esta familia a nada despreciable suma de DOUS MILLÓNS de euros. Di o noso confidente que Aragunde mercou a casa nese lugar porque lle queda preto da casa dos seus familiares mais achegados e mais do concello e así xa non terá que usar o coche para ir o seu despacho, e poderá ir andando.”
Os que non caichedes en ninguna delas é que andivechedes listos os demais, non vos preocupar era día dos Santos Inocentes.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI
Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI




Ningún comentario:
Publicar un comentario