UN ARTIGO DE XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ
O concerto de presentación do novo disco de Treixadura no antigo Teatro García Barbón avivou en min vellas e
pracenteiras lembranzas. Porque naquel mesmo teatro en 1966 celebrárase un concurso de gaitas no que participaran os irmáns Garceira, Morenos de Lavadores e outros moitos
célebres naquel entón. O patio de butacas e os "poleiros" estaban ateigados de seguidores que aplaudían e aturuxaban levados polas emocións das requintadas interpretacións.

Aquel concurso gañárao Basilio Carril e os irmáns Bello Mallou, gaiteiros de
"Cantigas e Agarimos", segundo me informa o profesor Antón Fernández. Grazas a el tamén souben que a cantiga "Lela" foi musicada por Rosendo Mato, director da laureada agrupación folclórica compostelá a partir dun texto extraído
da obra teatral de Castelao "Os vellos non deben de namorarse", que se estreou en Galicia por primeira vez en 1961 na praza da Quintana.

Non é de extrañar a acertadísima
elección de "Cantigas e Agarimos" para participar neste novo disco de Treixadura, que é unha auténtica regalía para os sentidos. Gaiteiros, percusionistas e os melodiosos sons tirados do teclado do acordeón por César, coas voces potentes e ben moduladas do seu orféon,
e as vibrantes e harmoniosas de "Cantigas e Agarimos", foron celebradas por un público entusiasta que en máis dunha ocasión sumouse en masa coral a cantar vellas e fermosísimas pezas do noso cancioneiro tradicional. Aquel ambiente foi o que motivou a lembranza do concurso de gaitas que menciono ao comezo desta colaboración.

A nosa música tradicional, que tantas emocións individuais e colectivas ten provocado nas nosas xentes, ten servido de auténtica terapia para superar os estados de malencolia e saudade que o afastamento da Terra causaba nos nosos emigrantes. Que a popularísima "Rianxeira" fose composta un serán nostálxico en Buenos Aires por Anxo Romero Loxo, que lle puxo a música a un texto de Xesús Freiro Dourado "Pinciñas", é unha mostra evidente desa forza que exerce nos galegos a nosa música e lingua. Teño unha vivencia persoal de hai moitos anos nun hospital dos Estados Unidos a onde acudira un familiar de meu para someterse a unha intervención cirúrxica moi delicada e de longa duración. Un tío seu, preocupado polo estado da sobriña que tardaba en vir a seu, pedíu que lle puxesemos o auricular do teléfono na orella para que escoitara unha peza de gaita que el interpretaría desde tres mil quilómetros de distancia. O experimento tivo os seus efectos: aos poucos minutos principiou a responder aos estímulos dos sons da gaita que chegaban a través do fío telefónico; era unha das pezas que agora recollen no seu novo disco "Treixadura".
Díxo Vicente Risco que na música mesma, no canto, hai misterios que non é cousa de dicir, porque ademais non hai maneira de dicilas. Ese é o engado do repertorio deste novo disco titulado "Vendima tarda". Mérqueno e experimenten o máxico relembro da memoria, das melodías do tempo.
ARTIGO RECOLLIDO EN FARO DE VIGO http://www.farodevigo.es/opinion/2014/12/29/treixadura-pracer-da-memoria/1157469.html
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI
Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario:
Publicar un comentario