23 de dec. de 2014

MENTRES LUIS ARAGUNDE ADICASE A BRINDAR CON CHAMPAN, O PSOE ENCARGASE DE RECAUDAR ALIMENTOS PARA OS MAIS NECESITADOS DE CAMBADOS.

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS CONSIGUEN RECOLLER CENTOS DE QUILOS DE COMIDA PARA CÁRITAS .
A Secretaria Xeral do PSdeG, Fátima Abal, mostrou a súa satisfacción co resultado que tivo a campaña posta en marcha co nome ‘’Nadal para todos’’ de recollida de
produtos non perecedoiros para Cáritas. 

Fátima Abal declarou “quero destacar a gran colaboración da cidadanía cambadesa que aportou varios centos de quilos de alimentos para os veciños que máis o necesitan, unha mostra da gran solidaridade dos cambadeses”.

“Ademais gustaríame mostrar o noso agradecemento a todos os que axudaron para conseguir o éxito desta campaña, tanto aos veciños como establecementos da vila que colaboraron nesta iniciativa solidaria”, afirmou Abal. 

“As políticas aniquiladoras da política social do Partido Popular están a provocar que as familias o pasen cada vez peor, ao que a dificultade de realizala compra diaria se lle suma a pobreza enerxética. O PSOE presentou un plan para que ninguén pase frío e o Partido Popular opúxose, mostra da súa falta de sensibilidade coa cidadanía”, sentenciou a Secretaria Xeral. 

Os socialistas cambadeses concluíron afirmando que
“incluiremos no noso programa electoral que ningún cambades pase frío por culpa das nefastas políticas enerxéticas deste goberno así como faremos da política social un alicerce fundamental da nosa política no goberno cambadés” 

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI 

Ningún comentario: