23 de dec. de 2014

POR QUE A PRENSA CONVENCIONAL NON INFORMOU DESTA DESIDIA DO CONCELLO DE CAMBADOS?

POR QUE A OPOSICIÓN NON PIDE A DIMISIÓN DOS RESPONSABLES DE TAN ABOMINABLE FEITO?
Estamos a recibir queixas e comunicacións de varios mozos de Cambados, sinalando porque a prensa non se fixo eco
dunha das desidias mais grandes do concello de Cambados, e polo tanto do seu responsable directo o que temos de alcalde Luís Aragunde. Por unha desidia dos responsables do concello perdéronse CATRO PRAZAS  por
presentar a documentación fora de prazo. FOI  O ÚNICO CONCELLO DE PONTEVEDRA QUE QUEDOU FORA DAS PRAZAS  POR DESIDIA DOS SEUS GOBERNANTES. 
Non entendemos tampouco polo que ate o de agora ninguén da oposición  pediu dimisións por esta impordanabel esquecemento. Unha das mozas posibel candidata a unha
desas catro prazas e ademais moi anoxada, dicianos: “Paréceme un feito moi grave e irresponsable xa que debido a esa ineptitude catro moz@s
quedaron sen unha oportunidade laboral e, tendo en conta a taxa de desemprego xuvenil, parece aínda máis incrible o desinterese amosado por parte do Concello."
Deixámosvos  o enlace á lista definitiva de bolsas publicada na páxina da Deputación
Fai uns días este blog xa publicaba , grazas a outro blog cambadés “Alza la Voz Cambados”  a nova, e foron os únicos que se fixeron eco da nova  da que ninguén a o parecer tomou nota.
Porque a prensa convencional non se fixo eco da nova?
Porque está subvencionada (por non dicir pagada) polo Alcalde de Cambados?
Porque teñen orde dos seus respectivos xefes de non meterse con certos alcaldes do PP que os invitan o Xantar
do Albariño? Ou 
Porque só están  para falar ben de Luís Aragunde sobre todo certos elementos cambadeses.
E que dicir do xefe de prensa Benito Leiro, como non dou conta desta desidia do concello a prensa? Como lle dixeron no facebook o outro dia, ninguén morde a man que lle da de comer.
 Realmente lamentable temos un alcalde que só sabe comer, beber, pasalo ben,  darlle a gañar cartos os seus seis enchufados preferidos e os demais que lle dean… e tamén unha oposición que debe facer moito mais en casos como este sen descartar sequera de pedir a dimisión do Alcalde por tan abominable desidia.
Fotos: A TI MEU CAMBADOS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI 

Ningún comentario: