29 de xan. de 2015

FATIMA ABAL: “A DEIXADEZ DO NOSO ALCALDE PON EN SERIO RISCO AOS VECIÑOS E VECIÑAS DO NOSO POBO”

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS RECLAMAN UNHA MELLORA URXENTE NAS CONDICIÓNS DE SEGURIDADE VIARIA EN VARIOS PUNTOS DE CAMBADOS
A formación que lidera Fátima Abal faise eco das queixas realizadas por varios colectivos veciñais, que alertan do grave perigo que supón cruzar a estrada xeral para acceder á marquesiña de autobuses situada cerca do cruce da Bouza na parroquia de Castrelo. Por este motivo, os
socialistas veñen de rexistrar un escrito no que instan ao Concello a tomar medidas para solucionar o risco existente nesta zona.
“Unha vez máis –sinala Fátima Abal- vemos como a deixadez do noso Alcalde  pon en serio risco aos veciños e veciñas do noso pobo. Non é o único punto
perigoso no que hai serio risco de atropelos, polo que lle esixímos ao alcalde que actúe dunha vez, e que tome medidas para evitar que ocorra algún accidente”
Os socialistas sinalan que no cruce da Bouza (Castrelo), que comunica a zona do Facho coa estrada xeral, están situadas sendas marquesiñas de autobuses, e que a única forma de acceder a elas  é cruzando por unha estrada xeral co risco que elo conleva xa que os vehículos circulan a altas
velocidades por dita vía.
Segundo Fátima Abal “o único motivo polo que esta situación non se arregla é simplemente pola falta de vontade política de Luís Aragunde, a quen se ve o pouco que lle importa a seguridade dos seus veciños. Non é un asunto difícil, simplemente cun paso de peóns regulado por semáforos se podería poñer fin a un risco innecesario. Só fai falta vontade de poñelo ou de instar a quen corresponda que o faga”.
Por outra banda, os socialistas xa denunciaron en varias ocasións o gran número de accidentes que se producen en Vilariño a poucos metros da rotonda. Hai máis dun ano os socialistas presentaron no Concello una moción solicitando máis seguridade na estrada que vai desde a rotonda ata o cruce da Igrexa xa que á altura do cruce que vai para A Modia, ó lado dun bar, os accidentes son moi frecuentes. O Concello rexeitou a moción socialista e
colocou un paso de peóns que pon aínda máis en perigo ós viandantes. “Lonxe de resolver o problema agravouno, e os accidentes seguen a producirse, ata o de agora sen víctimas mortais, realmente non sabemos a que están esperando para actuar de xeito contundente... Os veciños tamén acudiron en varias ocasións ó Concello para advertir da gravidade da situación e para amosar a gran preocupación que teñen por este motivo, sen que o Concello faga absolutamente caso das súas inquedanzas. Recordamos que neste punto houbo ata coches que se empotraron contra casas subindo pola beirarrúa”
Os socialistas solicitamos tamén ante o Pleno no punto de Rogos e posteriormente no de Preguntas Escritas,  que se busque unha solución ó problema que supón o paso de peóns do Pombal, na intersección coa Rúa Sevilla, xa que nun breve espazo de tempo foron atropeladas ata tres persoas no momento de cruzar por riba do paso de peóns. Neste senso, o Concello tamén fai oídos xordos…
FOTOS: FARO DE VIGO, DIARIO DE AROSA E CORES DE CAMBADOS.


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: