28 de xan. de 2015

FONTES PRÓXIMAS AO CONCELLO DE VILANOVA, DIN QUE É UN PROBLEMA FAMILIAR.

JUAN CARLOS DIESTE E SEÑORA SEN ESPERANZA DE QUEDAR COA CASA O CONCELLO XA OS ADVERTIU DE DEMOLICIÓN.
Fontes “moi próximas” ao Concello de Vilanova puxeronse en contacto con este blog e  dinos que o coñecido problema da casa de San Miguel de Deiro tratase mais un asunto familiar que dunha “cacicada política”. O asunto ven de que ao parecer  que Juan Carlos entende que a parcela que ocupa a súa familiar débelle pertencer a el e mesmo,  recorre a xustiza para conseguilo, pero ao parecer perde o asunto. Entón Juan Carlos decide ampliar a casa
porque a súa familia medra e non hai espazo para todos. Esa obra en principio é ilegal, ao parecer seria legal se o terreo da súa tía fose del, unha das solucións, apuntan dende o concello seria que mercase o terreo do familiar , opción bastante improbable ao parecer. Parece ser tamén, dinnos dende o concello,  que hai temas xudiciais entre eles por outras cousas e incluso o Alcalde de Vilanova lle chegou aconsellar a  Juan Carlos que mercara o terreo da súa familiar para solucionar o problema dunha vez, pero Juan Carlos entende que ese terreo  debe pertencerlle e non está disposto a mercalo. Segundo a as mesmas fontes municipais  a obra non se pode legalizar por un decreto da Alcaldía, seria unha prevaricación. O propio Alcalde ao parecer aconsellou a Juan Carlos que interpuxera un contencioso-administrativo para gañar tempo, tendo en conta que a única solución seria mercar o terreo do seu familiar.
JUAN CARLOS POLO CONTRA DI QUE É UN PROBLEMA DE VONTADE POLÍTICA
Juan Carlos en manifestacións a diversos medios de prensa dixo  que está moi doído porque cree que para resolver o problema seria vital “que o Concello de Vilanova tivese vontade política” de buscar unha solución e na súa opinión non está demostrando dita vontade, de feito o concello xa o advertiu de demolición e xa lles chegou unha comunicación do concello na que o instan a pagar de 30.000 euros para que a administración municipal contrate unha empresa a demolición parcial do inmoble.
FOTOS: FARO DE VIGO.


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: