28 de xan. de 2015

AS NOVAS CARAS DO BNG DE CAMBADOS

VICTOR CAAMAÑO REPITE POR TERCEIRA VEZ COMO CANDIDATO
A Asemblea Aberta celebrada este martes en Cambados estivo organizada, como as anteriores, coa intención de que a
participación veciñal sirva para aportar novas propostas e persoas que se sumen ao proxecto nacionalista para enriquecer o traballo serio e rigoroso feito ao longo dos últimos anos polo BNG que o sitúa como a  alternativa ao desgoberno que sofre Cambados e  ao que agardamos co apoio dos veciños e veciños dar remate no vindeiro mes de maio.
Nesta Asemblea  a proposta de candidatura encabezada polo actual portavoz municipal do BNG, Víctor Caamaño como candidato á alcaldía, que estará acompañado, nun primeiro tramo, polas seguintes persoas:
1.- Víctor Caamaño Rivas. Profesor de Bioloxía no IES Francisco Asorey, actual portavoz municipal do BNG e membro do Consello Comarcal do BNG
2.- María Xosé Cacabelos Domínguez. Diplomada en Traballo Social, mariscadora e concelleira
3.- Teresa Prado Cores. Membro da directiva da Asociación de Veciños de Oubiña. Traballa de mariscadora e actualmente é concelleira.

4.- Isidoro Bugallo Piñeiro. Técnico Auxiliar de enfermería, condutor profesional e mariscador en Castrelo.



5.- Esther Serrano Vidal. Empregada de comercio, forma parte das bandas de música de Castrelo e Ribadumia.




6.- Emmanuel Franco Joven. Estudante de Grao de Publicidade e Relacións Públicas. Pertence á Asociación Danzantes de Cobas.
  
Na Asemblea Aberta aportáronse ademais ideas para conformar o programa a presentar aos veciños e veciñas de Cambados e quedouse de pechar un calendario de traballo nos vindeiros días.


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI




Ningún comentario: