28 de xan. de 2015

A OBRA "CHOQUEIRADA" DO PINTOR LINO SILVA SERÁ O CARTEL DO ENTROIDO DE CAMBADOS.

O alcalde, Luis Aragunde, e o pintor Lino Silva presentaron hoxe o cartel promocional das celebracións do Entroido 2015 que se deseñou a partir dun cadro do gran artista cambadés que
representa o ambiente da “choqueirada”. Foi unha das primeiras obras realizadas polo pintor unha vez que abandoou o hospital de Montecelo, onde se recuperou dun grave accidente doméstico.
Por primeira vez, o Concello recurre á inspiración dun artista para plasmar a súa peculiar visión do Entroido animando á xente a participar nos festexos máis irreverentes do ano. Para Lino Silva foi unha experiencia satisfatoria pintar os personaxes carnavaleiros tras sair do pesadelo que supuxo o longo internamento hospitalario.
O entroido comezará o sábado 24 de febreiro cunha festa infantil no Pazo de Torrado e continúa o día 15, domingo de entroido co gran desfile de carrozas enagalanadas, as 17:00 horas, coa presenza un ano máis do artista Pepo Suevos.
O luns será o turno do baile infantil e do xa tradicional concurso de filloas no Salón Peña. Será o martes de entroido o gran concurso de disfraces que encherán as rúas cambadesas de personaxes de todo tipo. E o mércores de zinza, as 19:00 horas comezará o enterro da sardiña no que este ano queimarase ó Pequeno Nicolás.
NOVA RECOLLIDA DE: 

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: