27 de xan. de 2015

MANIFESTACIÓN NACIONAL EN DEFENSA DA NOSA LINGUA

HAI AUTOBUSES DENDE CAMBADOS.
A Plataforma Queremos Galego, da que fai parte o BNG, ven de convocar para o domingo 8 de febreiro unha
manifestación nacional en defensa da nosa lingua.
Diante da situación crítica que atravesa a nosa lingua, como consecuencia das políticas lingüísticas contrarias á mesma
levadas a cabo polo PP na Xunta de Galiza, para o BNG, cómpre máis que nunca, dar unha resposta contundente para esixir ao goberno galego que o noso idioma ocupe o lugar que lle corresponde como lingua propia da Galiza e a promoción do seu uso en todos os ámbitos da nosa vida.
É por iso, que desde o BNG do Salnés facemos un chamamento a participar na manifestación o domingo 8 de febreiro, ás 12´00 h., con saída da Alameda de Santiago de Compostela.
Desde a nosa comarca haberá autobuses con saída desde Cambados e Vilagarcía . Para anotarte podes chamar ao local do BNG  986 56 50 59, ao local da Cig en Vilagarcía 986 50 53 23 ou enviar un correo electrónico a salnes@bng.gal  antes do mércores 4. O prezo da viaxe é de 5 € persoa.
CAMBIO DA CONTA DO CORREO ELECTÓNICO DO BNG 
Informamos do cambio da conta de correo electrónico do BNG que pasaría a ser agora co dominio .gal. A nova conta do BNG O Salnés é salnes@bng.gal
Agradeceríavos que mudedes o enderezo anterior polo actual. Durante un tempo recibiranse os correos na conta antiga aínda que sería bo que o cambiárades o antes posíbel.


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: