27 de xan. de 2015

DOUS OUROS PARA A CAMBADESA ARACELI BUGALLO (COMPOSTELA) NUNHA GRAN CITA DE ESGRIMA

Excepcional fin de semana para esgrímaa con 139 participantes no pabellón compostelano de Pontepedriña onde se celebrou o IX Open Compos Ranking Galego e Nacional de Veteranos, organizado polo Club Compostela Esgrima.
O sábado celebrouse o Ranking Galego en categoría absoluta, con 20 espadistas en categoría feminina e 57 en masculina, representando a
prácticamente todos os clubs de Galicia. En espada masculino proclamouse campión Amauris Temó (Coruña),
sendo prata Álvaro Calderón (Europeo-Madrid) e bronce Fernando Damas (Europeo-Madrid) e Rolando Ledea (Barallas-Madrid). Os mellores do Compostela foron Xosé Piñeiro (17º) e Renato Ansia (19º).
A cambadesa Araceli Bugallo do Club Compstela neste torneo acadou duas medallas de ouro.


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

1 comentario:

xose pi dixo...

Coma compañeiro de Araceli, destacar a súa calidade coma deportista e coma persona. Un exemplo para todos.

Un tesouro de CAMBADOS que ven sendo unha parte fundamental do COMPOSTELA ESGRIMA.

Saúdos e gzas por facervos eco da nova.

Xose Piñeiro