27 de xan. de 2015

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS DENUNCIAN A SITUACIÓN DE ABANDONO NA QUE SE ATOPA O NOSO CENTRO DE SAÚDE


"O Centro de Saúde de Cambados atópase nunha situación lamentable e non parece que desde o equipo de goberno exista intención de solucionar de ningún xeito o estado de total abandono no que está o interior do
edificio: ten humidades, desperfectos, portas rotas, teitos estropeados, manchas de óxido, suciedade...desde logo non
parecen as condicións máis óptimas para ningún edificio, pero para un Centro de Atención Primaria, moito menos. A situacion é realmente vergonzosa".


   
"Desde logo, como veciños non entendemos como se chegou a tal estado de abandono deste edificio, totalmente insalubre, e moito máis dado a natureza do mesmo, xa que a él acoden a diario persoas con defensas baixas, nenos, e anciáns, que soen ser máis vulnerables ante determinadas situacións coma éstas; e como representantes
deste Concello non podemos quedar impasibles vendo como o Centro está cada día peor, as queixas son máis numerosas, os riscos de enfermidades infecciosas cada vez máis altas, e como o Alcalde permanece alleo á realidade que estamos a vivir os demáis veciños. A situación do centro chegou a un punto de esperpenticidade extrema: para abrir unha das portas hai que tirar por unha venda de facer curas...“
   

 Unha vez máis, os socialistas voltamos a dicir o mesmo que levamos dicindo desde hai moito tempo: o noso Alcalde preocúpase máis de ter un Concello de fachada, bonito a quen pasa por él, esquecendo as necesidades básicas que teñen a diario os veciños cambadeses. Unha actitude cada vez máis despreocupada e de abandono das cousas realmente necesarias e importantes para os veciños, xa que nin sequera toma parte nesta situación de deixadez do centro para instar a quen corresponda o arranxo deste.

   Por iso, no escrito rexistrado esta mañá no Concello
solicitan os socialistas cambadeses que se inste ó organismo competente para que coa maior celeridade e urxencia, adopte as medidas necesarias para que o Centro de Saúde de Cambados volte a parecer o que realmente é: un Centro de Atención Primaria, o que temos os veciños máis próximo para acudir en caso de necesidade, e que teña unhas condicións hixiénicas e de salubridade que garanticen a nosa saúde e seguridade.
FOTOS:ALZA LA VOZ CAMBADOS.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: