OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS DENUNCIAN AS NEGLIXENCIAS NA CONCESIÓN DE LICENZAS DE OBRA
Os socialistas de Cambados denuncian que a consecuencia da mala xestión do Concello cambadés dende que Luis Aragunde é Alcalde
na concesión de licenzas de obra as arcas municipais tiveron que abonar máis de 200 mil euros (208628,69€) a veciños afectados.
na concesión de licenzas de obra as arcas municipais tiveron que abonar máis de 200 mil euros (208628,69€) a veciños afectados.
A voceira socialista, Fátima Abal, afirmou que "é lamentable
que tódolos cambadeses teñan que pagar co diñeiro do seus impostos as neglixencias dunha xunta de goberno local que concede licenzas de obra contrarias á normativa vixente”.
que tódolos cambadeses teñan que pagar co diñeiro do seus impostos as neglixencias dunha xunta de goberno local que concede licenzas de obra contrarias á normativa vixente”.
“Luis Aragunde debería dar a cara e explicarlle aos cambadeses porqué teñen que pagar os erros da súa Xunta de Goberno e facer extensible esa explicación aos veciños prexudicados coas mesmas licenzas”, afirmou Fátima Abal. “O máis indignante é que mentres os cambadeses deciden
construír na nosa vila, o goberno local concede licenzas contra a normativa vixente aplicable prexudicando gravemente a eses veciños que terán que derribar as súas obras pola incompetencia do da xunta de goberno, truncando o futuro de varias familias”, sentenciou a voceira socialista.

A voceira municipal e candidata á Alcaldía, Fátima Abal, concluiu afirmando que “Luis Aragunde pasará á historia por ter sido o peor Alcalde da nosa vila, o máis padecido polos cambadeses estes anos”.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI
Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario