23 de xan. de 2015

DE OFICINISTA A BARBEIRO PASANDO POR FUTBOLISTA E PINTOR

EDU CHARLIN “CHUCHUNERO” ABRE A SÚA BARBERÍA QUE DENOMINA PC
Hai todos os días unha sección matinal na cadena Ser que se refire a crise e a reconversión dalgunhas profesións. A
historia de Edu Charlin podería encadrar perfectamente neste espazo. Edu é unha persoa de sobra coñecida en
Cambados primeiro pola súa peculiar personalidade e despois pola súa actividade como futbolista chegando a militar en equipos tan dispares como o C.J. Cambados e Arousa S.C.  Edu empezou a súa  vida laboral en Jumisa a onde chegou como oficinista, estivo varios anos nesa empresa ate que a
"cacareada" crise fixo que deixara  esta profesión, namentres Edu ía sacando algúns cartos do fútbol que ademais de ser unha das súas paixóns foi unha fonte de financiación durante algún tempo. Tamén se prodigou como un excelente pintor se temos en conta a súa tardía vocación.Pero un bo día decidiu ser barbeiro, non tiña antecedentes na familia pois o pai é un armador e a nai unha afamada pescantina, agás un tío político do pai que tiña unha barbería onde hoxe
é Vago Viños que era a do “Picón”. Edu preparouse concienciudamente, axudado iso sí por moitos amigos “cobaias” que fixeron  que Edu experimentara nas súas cabezas os coñecementos que ía adquirindo en diversos lugares e academias
especializadas en cortes de pelo de cabaleiros. O nome da barbería é moi peculiar “PC” que entronca a modernidade da informática coas iniciais de “Peluqueria Cabaleiros”. Desexámoslle moita sorte a Edu na súa nova carreira profesional como barbeiro e esperemos que ningún cliente lle diga o que lle dixo unha vez un famoso artista cambadés a un barbeiro tamén da nosa vila,
preguntáballe o barbeiro ao artista “Como queres que che corte o pelo?” e a resposta do artista foi “Calado”. 
Bromas aparte Edu ten unha conversa moi agradábel é a Barberia como vedes na foto ten un aire modernista na que non falta a nostálxica presenza a todo unha personaxe do noso pobo: Balboas. Estamos ansiosos por  probar os seus servizos.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: