23 de xan. de 2015

O BNG REÚNESE CO CABILDO DA CONFRARÍA DE CAMBADOS

ASEMBLEA ABERTA DO BNG EN CAMBADOS O VINDEIRO MARTES
Daniel Rodas, portavoz de Pesca do BNG no Parlamento galego e o Portavoz municipal, Víctor Caamaño, reuníronse na tarde do pasado mércores co Cabildo da Confraría de Cambados. Durante a reunión abordáronse
os temas que neste momento máis preocupan ao sector do mar, como é a cotización a facenda das mariscadoras, as precarias cotas para o cerco, as mal utilizadas competencias
Daniel Rodas (BNG)
da Xunta en augas interiores, a incompetente defensa da Xunta e do Ministerio dos intereses pesqueiros galegos na UE, a comercialización dos produtos do mar en función da denominación de orixe, a problemática do  furtivismo, etc. Moitos temas que están a marcar a precaria situación pola que pasa este sector, debido principalmente, á inoperancia do PP no Goberno Galego.
Maria Xosé Cacabelos
Así mesmo, os representantes do BNG informaron dos contactos celebrados coa delegación de representantes do xeito organizada polos nacionalistas o pasado mes de decembro e que foron determinantes para obter información sobre as consecuencias de incluír a esta arte de pesca artesanal na prohibición de redes de deriva e corrixir esta decisión. Antes desa visita da delegación galega do xeito organizada
Perto Costa (Patrón Maior)
polo BNG, a Comisión carecía da información necesaria porque desde o Estado español nin o Ministerio de Pesca, nin a Xunta lla facilitaron. Tivo que ser o propio sector quen o fixera, e o Bloque estivo aí para que puidesen ter a interlocución necesaria en Bruxelas e, como consecuencia, foron aceptadas todas as emendas do BNG ao respecto deste problemática.
ASEMBLEA ABERTA DO BNG EN CAMBADOS
O Próximo martes día 27 de xaneiro, ás 20:30 horas en Exposalnés, o BNG realizará unha nova Asemblea Aberta con intención de enriquecer o proxecto político nacionalista con novas proposta e capital humano. O BNG anima a todos aqueles veciños e veciñas de Cambados, a acudir a este novo proceso participativo.
FOTOS: FARO DE VIGO E DIARIO DE AROUSA.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: