ASI ENTENDE A TRANSPARENCIA O NOSO ALCALDE E O SEU PARTIDO.
É desesperante o que presume de “Concello perita” e adalid da transparencia leva catro meses sen
contestar aos escritos presentados pola formación nacionalista a cal ven de reivindicar por rexistro de entrada no
consistorio cambadés que a día de hoxe, o grupo municipal do BNG non recibiu resposta a unha serie de preguntas presentadas no rexistro deste concello. Entre elas está o escrito de data 15-outubro-2014 (R.E. 2014/7050) en relación ás obras na rúa Rosalía de Castro. Tampouco hai resposta ao escrito do 20-novembro-2014 (R.E. 2014/8195) en relación a unha serie de preguntas sobre o sistema de utilización do pavillón do Pombal e das instalacións deportivas municipais, en xeral; polo que o BNG debido a tardanza na contestación de ditas preguntas, canto antes, se lle facilite ao grupo municipal ás respostas demandadas nos referidos escritos.

Decia o BNG no mesmo que unha vez consultado o expediente de autorización para a execución das obras de “Mellora na rúa Rosalía de Castro”, o BNG puido comprobar que na valoración da Comisión Técnica de Patrimonio Histórico Municipal, dos 5 membros integrantes da mesma, só os tres dependentes do concello (presidente, aparellador e Técnico Xestor do Patrimonio municipal) votaron a favor deste proxecto, mentres caos dous técnicos pertencentes á Xunta de Galicia (Arquitecta e Arqueólogo da Consellería de Cultura, Educación e O. U.) se abstiveron. Como queira que as citadas abstencións, por parte dos técnicos da Consellería de Cultura da Comisión de Patrimonio, deberon responder a criterios ou opinións técnicas que os levaron a non apoiar o proxecto presentado; opinións que pensamos, deberon ser explicadas na citada Comisión para ter que xustificar esa decisión, é polo que solicitaba que se lle informe ao BNG cales foron as razóns técnicas polas que Arquitecta e Arqueólogo da Consellería de Cultura, Educación e O. U. non apoiaron o proxecto aprobado de “Mellora na rúa Rosalía de Castro”.
Outro dos escritos, lembranos o BNG era relativo a que na prensa recollíase unha noticia sobre a situación de precariedade, con respecto ao uso instalación deportivas municipais, polas que está a pasar o club de voleibol (XAV), afirmando que, nalgunha das categorías, nin sequera pode xogar en Cambados os partidos das ligas asignados como local. Na mesma queixa tamén se facía referencia á gran dificultade para utilizar o pavillón municipal do Pombal; polo que solicitaba coñecer cales son os criterios que utiliza o concello de Cambados para a asignación da utilización do pavillón municipal do Pombal?, que técnico municipal é o encargado de realizar a asignación semanal de espazos deportivos?, por que medio e con que regularidade se comunica dita asignación?, como deben realizar os clubs deportivos a súas peticións de pistas?, fai o concello algunha reunión conxunta cos representantes das entidades deportivas municipais para tratar este tema e tentar buscar unha solución de consenso a esta problemática?, por que o concello non elabora un regulamento de usos das instalacións deportivas municipais que rematen coas problemáticas que se están a dar no noso municipio?
Parecer ser a a situación no XAV grazas a presión que exerceu o propio club, a oposición e os bologs cambadeses, está solucionada.
Fotos: DIARIO DE AROUS, A TI MEU CAMBADOS, FARO DE VIGO E XAV CAMBADOS.

Ningún comentario:
Publicar un comentario