UNHA GRANDE HOMENAXE A MULLER GROVENSE.
Nano Besada naceu no Grove, rematando a década dos corenta ,é empresario do comercio, que é do que realmente gaña ou gañou a vida pero aparte ten como afeccións a cociña, pintura, debuxo, fotografía, cine, viaxar e sobre todo
coleccionar amigos dos de verdade. Ten se a súa propia páxina de pintura : www.retratoalapiz.com.
coleccionar amigos dos de verdade. Ten se a súa propia páxina de pintura : www.retratoalapiz.com.
Nano autodefinese como un afeccionado ao debuxo e a
pintura dende non fai moito tempo. É autodidacta coa axuda dalgún que outro libro. Fai un tempo descubriu un moi bo que o ilusionou moito e que o axudou a mellorar e adquirir confianza en se mesmo. Nano espera que algún día os seus traballos adquiran un estilo propio e poder sentir orgulloso deles, polo que sempre estará practicando. Mentres chega
ese momento Nano apela a compresión dos que xa teñen experiencia.

Nano pretende facer un calendario benefico para o ano 2016 con doce retratos a lapis debuxados por el , un por mes. Unha grande homenaxe a muller grovense.
Para realizar estes retratos a lapis, precisa Nano de doce fotos entre as que reúnan as seguintes características:
1) Foto de muller.
3) Muller ligada a O Grove, por nacemento, por vivir ou que vivirá alí, ou calquera outra causa que a ligue coa vila meca.
4) A pose é totalmente libre, así como a indumentaria ou espida..
5) A calidade, tanto técnica como artística de cada foto, será determinante na elección.
6) Tódalas fotos irán acompañadas dunha autorización para ser utilizadas en dito calendario. No caso de menores de idade, o documento virá asinado polos seus titores legais.
A elección das finalistas será feita por un xurado internacional, composto por persoas relacionadas co debuxo e sen relación ningunha co Grove, para que a súa decisión se base só en argumentos artísticos. Tampouco el formará parte dese xurado.
Durante todo o ano 2015 irá facendo os retratos a lapis de cada foto seleccionada.
Os calendarios, unha vez editados, poríanse á venda no mes de Nadal de 2015 e os beneficios irían destinados a unha ONG aínda sen determinar.
Un bo e ilusioante proxecto, por certo reservanos un calendario xa.
NANO BESADA EN FACEBOOK

Ningún comentario:
Publicar un comentario