30 de xan. de 2015

OPINIÓN:”VERDADES MENTIROSAS.”

UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA
Estamos a ler nos medios de comunicación como o Ministerio de Fomento, quere implantar unha rebaixa do 50% nas peaxes da autoestrada, para obrigar o transporte pesado a circular po las mesmas.
Visto así, a proposta pode resultar como algo vantaxoso para o sector do transporte que se vai beneficiar dun desconto importante no gasto de peaxes.O mesmo tempo
nun ano electoral como este, vender unha baixada de impostos, e algo fundamental nun equipo de goberno.
Pero si analizamos polo miúdo esta proposta, logo nos decatamos que si ben e " verdade" que unha rebaixa do 50% e algo positivo para o sector do transporte, tamén nos damos conta que e "mentira" que beneficia os mesmos.
Para explicar mellor esta contradición poño un simple exemplo.-si eu teño un bar no centro da vila, e o concello obriga a todos os viandantes que pasen pola rúa a entrar a
tomar un café con un desconto do 50%,e o mesmo tempo pon os municipaís a vixiar que iso se cumpra, eu fágome millonario, porque o café custa solo 0,10€, a inversión xa teño amortizada, e o persoal e o mesmo, pero a cambio teño un 100% mais de clientes que "obrigatoriamente" me pagan o café a prezo rentabel a inda que non sexa prezo de mercado.
E dicir como sempre Audasa embolsara centos de millóns de euros do sector do transporte obrigados neste caso polo Ministerio de Fomento.Si a escusa e mellorar a seguridade nas estradas convencionaís, a contrapartida e ben fácil, peaxes gratis.
UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

1 comentario:

MANUEL dixo...

¿Desde cando se pode obrigar a un vehículo a non circular por unha estrada po la que ainda que poñan os peaxes gratis vese na obriga de circular por ela? ¿ Os pobos sen comunicación directa nas saidas da autoestrada quedarán sen transporte pesado? ¿ Obligarán as empresas a mercar furgonetas para poder dar servizo 100% ? Teñen diñeiro para campañas electorais, viaxes, contas en paraisos fiscais, mamonadas partidistas...etc. e ásanos cos recortes, "reparan" con remendos as estradas cando hai algún evento deportivo como A VOLTA, pintan as estradas en vísperas de algún acontecemento partidista, non o fan por pura necesidade de seguridade nin nada de eso,e agora en troques de mellorar realmente as estradas saen con iniciativas para seguir enchendolle o bandullo as concesionarias que teñen amortizada a súa inversión e que somente queren aumentar prazos na concesión por mor de miles de millons de €, a galiña dos ovos de ouro e intocable. Necesitamos un GOBERNO que nos deixe de roubar con impostos como o céntimo(case 5)sanitario, abolido na maioría das comunidades autónomas, necesitamos un goberno que mire de verdade polo cidadán queimado por tanta burocracia, enchufismo, corporativismo, amiguismo.....un goberno que se deixe de milongas e use os asesores só para artellar a maneire de seguir fodendo o de sempre. Que pena de PPAÍS.