31 de xan. de 2015

QUE NON CHE COMAN O COCO …, TEMOS UN PAÍS DE PRIMEIRA

O BNG iniciou hoxe en Cambados a campaña, “Que non che coman o coco…, temos un país de primeira”. Baixo este lema o s nacionalistas lanzan unha campaña para reivindicar unha Galiza en positivo fronte á imaxe interesada da Galiza subsidiada e dependente de “papa Estado” que difunde o PP e “todos os que manteñen o discurso centralista de Madrid”.
 “Temos un país de primeira e precisamos máis soberanía para poñelo a producir”. O BNG pretende, con esta campaña,
trasladar información sobre a necesidade de ter un maior autogoberno para poder traballar e vivir en Galiza, sacando partido a todas as posibilidades económicas que hai na nosa terra. 
“Que non nos enganen e sintamos o
orgullo de ter un país de primeira”; hai que reivindicar a “marca Galiza” fronte a marca España. Apelar á autoestima de ser galegos e galegas cun país capaz de gobernar o seu futuro e desmontar o “falso discurso” dunha Galiza subvencionada, pobre, que non pode valerse sen a muleta do
Estado. A campaña do BNG desmente con datos concretos a recorrente falacia da solidariedade estatal.
Galiza recibe menos do que aporta ao
Estado vía impostos, como demostra a última balanza fiscal que mostra unha recadación de 7.213 millóns de euros fronte a un investimento de 5.891 millóns de euros. Igualmente, o país recibe tres veces menos fondos europeos que Madrid, pese a que son para a cohesión territorial e a renda e as pensións galegas están á cola do Estado.
En materia enerxética  Madrid “é un burato negro” que absorbe a produción de electricidade, sen que as industrias ubicadas en Galiza se beneficien dunha tarifa eléctrica propia dun país produtor e exportador de enerxía. Mentres, as autoestradas galegas, dependentes do Goberno central, encabezan a lista das máis caras, e viaxar de Ferrol a Tui case duplica o custe de viaxar a Madrid.
O espolio dos recursos tamén inclúe ao aforro galego coa peor evolución da relación créditos concedidos a familias e empresas con respecto aos depósitos nas entidades financeiras. E o abandono do goberno central cando se trata de defender os intereses dos principais sectores produtivos, -agro, pesca e naval-.
NOTA DE PRENSA DO BNG.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: