25 de xan. de 2015

QUENTANDO MOTORES PARA “O MOMO”

Dadas os órdes oportunas polas autoridades competentes do Concello de Vilanova, os “habitantes” da carroza principal do Momo xa se puxeron a xestar ideas , disfraces todo elo en consonancia co moneco deste ano que é
un segredo que non se desvelerá ata derradeira hora. Asi onte xa houbo o primeiro cambio de impresións , e como non podia ser doutro xeito  co estomago cheo e coa cabeza “quente” que é como se “paren” as mellores ideas. Un dos
obxectivos este ano e  darlle un pouco mais de importancia ao velatorio do sábado 21 de febreiro (o Momo é o domingo 22 de Febreiro), e parece ser se se levan a cabo algunha das ideas dos presentes na reunión o velatario e posterior  procesión polas rúas da vila,  este ano pode ser moi vistoso. Seguiremos informando  no sucesivo  deste importante evento. 

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: